En Marea. Encontro coa Veciñanza de As Pontes. Venres 16, ás 20:00

Mañá venres 16 a Ruta En Marea fará parada en As Pontes. Será ás 20:00h diante do Concello. Se chove, trasladarémonos á Casa Dr. Dopeso.

213

Mañá venres 16 a Ruta En Marea fará parada en As Pontes. Será ás 20:00h diante do Concello. Se chove, trasladarémonos á Casa Dr. Dopeso.

Un encontro coa veciñanza no que intervirán:

– Manolo Lago, número 3 pola Coruña
– Magdalena Barahona, número 4 pola Coruña
– Lorena Dapena, número 10 pola Coruña
– Alberto Pellón, Concelleiro de Xunt@s por As Pontes

Ademáis, queremos informar ás veciñas e veciños que En Marea está levando a cabo unha campaña de microfinanciamento para poder afrontar os gastos da campaña electoral. Sen a xente non estariamos aquí, polo que se queremos acadar as institucións o 25 de setembro precisamos da vosa colaboración. Cunha pequena achega, a partir dos 10 euros, axudarás a que por fin se goberne para o 99%. Pásate pola páxina web achegas@enmarea.gal e deixa a túa pinga. Cada pinga suma, cada onda fai subir a marea que asulagará a Xunta!

Hai Marea!

Nova cortesía de Xuntos Por As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios