Cultura e Educación licita as obras de Rehabilitación Integral do CEIP Magdalena

O obxectivo da obra é mellorar a eficiencia enerxética e funcional do centro educativo

258

Santiago, 16 de setembro de 2016.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a adxudicación da rehabilitación integral do CEIP A Magdalena (As Pontes). O importe de adxudicación, conxunto co que se realizará da mesma natureza no CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña) e no CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Ordes), ascende a 1.253.628,97 € para as 3 actuacións. O expediente pode consultarse no enlace http://www.contratosdegalicia.es/licitacion?N=30553 .

As obras contemplan a rehabilitación exterior das fachadas mediante un sistema de illamento térmico exterior e a substitución das carpinterías exteriores por unhas novas de aluminio con rotura de ponte térmica e novas persianas de aluminio anodizado. Así mesmo mellorarase o illamento da baixocuberta con poliestireno extruido de 10cm e pintaranse os paramentos interiores.

Por outra banda, substituiranse as luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética con equipos de regulación en aulas e , nas zonas comúns e de tránsito, por tubos de tipo Led.

O obxectivo é compatibilizar a realización das obras coa actividade docente e salvagardando as condicións de seguridade dos alumnos. O prazo de execución estimado será de 3 meses.

Nova cortesía PP As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios