Obradoiro dos novos OS de Apple: macOS Sierra e iOS 10

O vindeiro sábado 1 de outubro, no Lar de Endesa, temos a oportunidade de coñecer a fondo as novidades dos sistemas operativos máis avanzados do mundo. (Prazas limitadas)

465

O vindeiro sábado 1 de outubro, no Lar de Endesa, temos a oportunidade de coñecer a fondo as novidades dos sistemas operativos máis avanzados do mundo, que acaba de presentar Apple.

O día 13 de setembro saía o iOS 10 para iPhones, iPads e iPods, así como o watchOS 3.0, o próximo 20 de setembro saldrá a nova versión do macOS “Sierra”.

As novidades dos SO, instalación ou como sacarlle o máximo partido poderás aprender neste taller, que durará de 4 a 8 da tarde na sala de exposicións do Lar.

Unha vez máis a Amigus-Labs está co-organizada polo Concello das Pontes, Grupo de Empresa, Nauta, No Ping, Nodo Dixital e Xestcourido.

Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador, tableta ou movil e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables.
– Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil ou tablet.

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 29 de setembro. Podes apuntarte enviando un email a amigus@amigus.org (prazas limitadas)

ios_amigus

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios