I Premio de Investigación Hume As Pontes

Ampliado o prazo de presentación ao 2 de outubro.

245

I Premio de Investigación Hume As Pontes

Obxecto:

Os temas da investigación versarán sobre aspectos históricos, artísticos, arquitectónicos, etnográficos, e do patrimonio cultural do concello das Pontes de García Rodríguez.

Lingua:

A lingua empregada será a galega.

Destinatarios:

Poderán optar a este premio cantas persoas o desexen, de forma individual ou colectiva.

Premio:

Concederase un primeiro premio de 1.500 € e un segundo premio de 500 €. Os traballos presentados, sexan premiados ou non, poderán ser publicados na revista Hume e pasarán a formar parte do fondo documental da asociación.

Os premios serán únicos e non compartidos, aínda que se poderán declarar mencións honoríficas, sen consignación económica ningunha.

Condicións :

Os traballos deberán:

Ser orixinais e inéditos, non premiados nin ter recibido mención noutros premios. Cada participante só poderá presentar un traballo por edición
Terán unha extensión entre 60.000 e 100.000 caracteres (con espazos incluídos), sen contar notas e bibliografía. O corpo do texto debe estar escrito en letra Times New Roman, tamaño 12, con espazado posterior 6 puntos, entreliñado 1,5 e aliñación xustificada. As marxes a utilizar son: 2 cm superior, 2 cm inferior, 2,5 á esquerda e 2,5 á dereita. Todas as notas que o autor/autores consideren incluír irán ó final da páxina en Times New Roman, tamaño 9, espazado anterior e posterior 6 puntos, aliñación xustificada, entreliñado exacto 12 puntos, sen sangrado e indicadas en superíndices no contexto do traballo.
Envío:

Os traballos deberán ser entregados nun sobre pechado baixo pseudónimo ao seguinte enderezo: Secretaria da Asociación Hume, Apdto. Postal 106, 15320, As Pontes de García Rodríguez. Nel incluirán outro sobre pechado que conteña os datos do participante/es: Nome, enderezo, teléfono… e tamén o currículum vitae dos participantes ou, se é do caso, información detallada das características da asociación, colectivo, grupo…

Deberase entregar orixinal en papel e copia en CD, en formato PDF e Word.

Prazo de presentación:

Do 1 de marzo ata o 2 de outubro de 2016.

Xurado:

O xurado que será nomeado pola xunta directiva da asociación, estará presidido polo presidente da asociación, e estará integrado por tres especialistas e un concelleiro ou funcionario da corporación municipal. Actuará de secretario e sen voto a secretaria da asociación. As súas decisións serán inapelables. O fallo do xurado, que será inapelable, farase público no mes de outubro de 2016 e será anunciado nos medios de comunicación.

A entrega do premio e/ou das mencións honoríficas farase no mes decembro do ano 2016.

O premio poderase declarar deserto. Resérvase o dereito de cancelar o premio. Os imprevistos que poidan producirse serán resoltos pola asociación.

As persoas premiadas deberán comunicar por escrito á asociación Hume a aceptación do Premio no prazo de oito (8) días naturais a partir da data de concesión do mesmo.

As obras premiadas poderán ser editadas pola asociación dentro do prazo dun ano; transcorrido o mesmo, os seus autores/as disporán delas libremente, pero no momento, se é do caso, da súa publicación, deberán consignar a distinción concedida.

Este premio é organizado pola Asociación Hume en colaboración con Concello das Pontes de García Rodríguez.

Para resolver dúbidas poden poñerse en contacto co seguinte enderezo: asoc.hume@gmail.com

* Este premio está suxeito á retención vixente do I.R.P.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios