O ESTEO FS – CD BURELA FS P. RUBÉN (1-3)

Amigable de presentación do conxunto pontés antes do comezo da Liga no que se enfrontou ó equipo lucense de Primeira División.

482

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo presentouse este venres á noite ante a súa afección antes do comezo da Liga a vindeira semana recibindo na casa ó Guardo, na que será a súa cuarta tempada seguida na Segunda División B.

O conxunto que visitou As Pontes non podía ser mellor. O Burela, que afronta a súa quinta campaña consecutiva na máxima categoría do fútbol sala español, acabando nas dúas últimas campañas na novena posición, e sendo semifinalista de Copa.

Visitaban o Pavillón da Fraga, o mítico Daniel Ibañés, hispano-brasileño Campión Mundial en Guatemala 2000, e campión Europeo en Rusia 20001, Chequia 2005, Portugal 2007 e Hungría 2010 coa selección española, ou ex internacionais españois como Jorge Matamoros ou Antoñito.

O Esteo plantou cara nos corenta minutos, o que ten o seu mérito, pois ademais do nivel do rival, contaba coas baixas de Ayala e Rober Paz, coñecéndose xa as de Alberto Carro, pola marcha á Segunda División Italiana ou de Diego Pellón por estudos, afrontando o encontro con apenas sete xogadores do primeiro plantel e catro xuvenís.

No primeiro tempo marcharon ó descanso con 0-1 os visitantes con tanto do caboverdiano Renato. Tamén resaltar un tiro ó poste de Carlitos e un balón que se coaba na porta local que salva Púas de cabeza sobre a mesma liña.

Na segunda metade anotaron Antoñito e sentenciou Carlitos polos lucenses, marcando o tanto da honra preto do final o pontés Púas para os locais. Tamén rematou á cruceta Héctor e o gran Matamoros ó pau. Nos derradeiros minutos ambos equipos aproveitaron para xogar co porteiro-xogador e facer probaturas de pretempada.

Rematado o encontro o Esteo xa pensa no debut ligueiro ante o Guardo a vindeira fin de semana. Preto de tres semanas terán que agardar ós burelenses para recibir ó Palma Futsal por mor do Mundial de Colombia que se está a disputar e no que a selección española é unha das oito cuartofinalistas.

FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Javichu, Púas, Héctor, Jandro, Alex Garea –cinco inicial- Iván, Alex Blanco, Pablo, Gerardo, Jaco e Román.
CD BURELA FS PESCADOS RUBÉN: Alex, Jorge, Cuco, Antoñito, Matamoros –cinco inicial- Hélder, Isi, Iago Míguez, Iago Rodríguez, Carlitos, Renato, Petry, Chano.
ÁRBITROS: Eduardo Corral Martínez, Borja Darriba Villamor e Laura Somoza Copa. Amarelas a Gerardo, Alex Garea e Renato.
GOLES: Min. 13 (0-1), Renato. Min. 22 (0-2), Antoñito, Min. 31 (0-3), Carlitos. Min.38 (1-3), Púas.
INCIDENCIAS: Partido amigable de presentación do Esteo ante uns 200 espectadores nas gradas do pavillón da Fraga.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios