LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

Esta fin de semana comeza a competición.

388

Coa novidade dun novo equipo, Fisioterapia DC-HIM&HER, que suple a baixa do Santaballés Veteranos, que retorna á liga provincial de fútbol-11, esta fin de semana comeza unha nova edición da liga de veteranos de fútbol-7 de As Pontes, que conta con dez equipos. Colaboran coa competición o Concello de As Pontes e o CD As Pontes.

O conxunto de Santaballa non poderá optar ó titulo de liga, dada a súa baixa na competición. Un campionato para o que en principio parten como favoritos Mobles Eume, vixente campión de copa, e As Pontes 74, subcampión e gañador da copa na tempada 2014/15. Aínda que haberá que ver que planteis presentan os demais conxuntos, nun campionato no que pode haber máis dunha sorpresa.

Os partidos disputaranse os sábados pola tarde e as mañás dos domingos, rematando a competición o 26 de marzo de 2017 para despois disputar o torneo de copa.

1ª XORNADA 1-2 / Outubro / 2016

Electricidad J&O – Galiorient (Sáb. 1, 19:00 h)
As Pontes 74 – La Galaxia (Sáb. 1, 20:00 h)
M. Eume – Bar Xardín (Dom. 2, 10:00 h)
Farmavida – MMYPEM (Dom. 2, 11:00h)
A Cepa – Fisioterapia DC-HIM&HER (Dom. 11, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios