O AS PONTES FICHA Ó CENTRAL BORJA LÓPEZ

Defensa procedente do fútbol andaluz

457

O CD As Pontes fichou estes días ó central andaluz Borja López Villegas, de 22 anos, que procede do fútbol andaluz.

O xogador, que podería debutar ás ordes de Marco Roca esta mesma fin de semana, xogou no Berja, equipo da súa localidade natal, no CD El Ejido 2012, e últimamente no Adra Milenaria de Almería.

Contan del que se trata dun central cun gran salto, que vai ben de cabeza e tamén ó corte, disciplinado, concentrado, e bo marcador.

O equipo azul, trala contratación do dianteiro Ibrahima, e pendentes do transfer de Dravo, tamén anda á búsqueda dun medio centro para reforzar o plantel.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios