TRES FUTBOLISTAS PONTESES CONVOCADOS POLAS SELECCIÓNS DE FERROLTERRA

Nos primeiros adestramentos das seleccións comarcais

450

Tres futbolistas do CD As Pontes foron convocados para os primeiros adestramentos das seleccións de Ferrolterra.

Estes vindeiros días, as seleccións cadetes sub15, nas que non hai presencia pontesa, adestrarán en Río Seco (Narón), mentres os combinados alevíns sub12 faranno nos Campos de A Gándara.

Na selección masculina sub12, Alejandro Montero Peteira foi convocado xunto a outros 24 xogadores para este martes 4 ás 17:15.

Na selección feminina sub12, Paula Bellas Ruiz e Patricia Adega Bouza foron convocadas xunto a outras 26 xogadoras para este domingo 2 ás 10:30.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios