O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo comeza a liga este sábado enfrontándose no pavillón da Frago ó Guardo FS, de Palencia.

96

O Esteo comeza a liga este sábado enfrontándose no pavillón da Frago ó Guardo FS, de Palencia.

Esta será a cuarta tempada consecutiva que os ponteses participan na Segunda División B. Na pasada campaña o Esteo logrou a permanencia na categoría nas derradeiras tres xornadas, nas que logrou sete puntos e clasificándose na décimo terceira posición con 34 puntos. O Guardo quedou na décima praza con dous puntos máis.

O equipo da capital da comarca palentina do Alto Carrión chega a As Pontes por cuarta vez. Nas outras tres anteriores houbo vitoria do Esteo (4-1) na tempada 2013/14, empate a dous goles na seguinte e vitoria contundente (1-6) dos guardenses na anterior campaña.

SEGUNDA DIVISIÓN B (1ª Xornada)
O ESTEO F.S. – GUARDO F.S.
Sábado 1 – Outubro – 2016 (17,30 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios