SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – F.S. GUARDO (4-5)

Derrota do Esteo na súa estrea a pesar da remontada final

260

O Esteo pontés debutou con derrota (4-5) na súa estrea en Liga ante o equipo palentino, co que comparte un curioso dato. Nas catro tempadas que levan en Segunda B ambos estrearon a Liga no Pavillón da Fraga nesta campaña e na 2013-14 (4-1). Na 2015-16 xogaron na segunda xornada, pero que tamén era a primeira na Fraga (1-6). Tan só na 2014-15 non se cumpriu a tradición, aínda que tamén xogaron ben pronto, na sexta xornada, terceira na Fraga (2-2).

Rapidamente se poñían os visitantes con 0-1 por medio de Rubén e o 0-2 Luis. Aínda que Púas recortaba distancias tras un tiro cruzado, outras dúas contras poñían o 1-4 difícil de remontar co que se chegaba ó descanso.

Antes do mesmo, preto do final, resaltar unha xogada na que se tastarabilla Jaco en boca de gol ou un tiro ó poste do visitante Héctor.

No segundo tempo un tanto de Alex Garea de forte disparo daba esperanzas ós locais, incluso Púas non alcanzou a rematar o balón nunha ocasión moi clara. Pero o mesmo lle pasou a Beto nunha contra dos guardenses.

Xa con porteiro-xogador tivo un erro no cambio o Esteo, que propiciou que a posesión pasara ós palentinos que nesa xogada acadaban o 2-5 con dobrete de Beto que semellaba definitivo. Nos derradeiros minutos un zapatazo de Rober Paz e un remate de Ayala a pase de Jaco faltando 14 segundos poñían o 4-5 no marcador, pero os locais quedaron sen tempo.

O Esteo visitará a semana que vén unha complicada cancha como é a do Universidad de Valladolid.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Púas, Rober Paz, Héctor, Ayala –cinco inicial- Alex Garea, Jaco e Gerardo.

FS GUARDO: Álex, José, Rubén, Héctor, Fou –cinco inicial- Luis, Beto, Rubas e Iván.

ÁRBITROS: Raquel Manteiga Rodríguez e Manuel Dans Rey (A Coruña). Na mesa Francisco Prados Caamaño (Ferrol). Amoestacións a Gerardo, Héctor, Alex Garea, Rubén, Fou, Luis e Iván.

GOLES: Min. 1 (0-1), Rubén. Min. 5 (0-2), Luis. Min.6 (1-2), Púas. Min. 7 (1-3), Luis. Min. 9 (1-4), Beto. Min. 24 (2-4), Alex Garea. Min.37 (2-5), Beto. Min. 38 (3-5), Rober Paz. Min. 40 (4-5), Ayala.

INCIDENCIAS: Primeira xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha entrada duns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios