TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – BERGANTIÑOS CF 1

O As Pontes salva un punto no último minuto

434

O As Pontes sumou un punto no último suspiro ante o cadro de Carballo, o que deixa ós de Marco Roca penúltimos con tres puntos, tan sólo o Ordes sen puntuar marcha por debaixo, antes de visitar ó Silva.

Nunha primeira parte de dominio alterno destacar polo cadro local unha internada por banda de Ibou, cun centro que non alcanza a rematar por pouco Pardo en boca de gol, e o balón rexeitado por un defensa cabeceao fóra Pablo Ramos (31´).

Polos visitantes, Nano desmárcase, e o seu tiro salvao Paco (16´). Tras un saque a balón parado é Roberto Prieto quen cabecea e salva un xogador local baixo paus (41´). Logo é Rodri quen queda só nun balón que non acerta a despexar Borja López, pero volve a atallar Paco (44´).

O segundo tempo tivo ocasións para ambos conxuntos. Comezou cunha boa internada de Buyo, que centra, remata Pablo Ramos, e salva coa manopla Cristopher nun paradón (52´). Logo responde o conxunto vermello cun bo avance do lateral esquerdo Aaron que lla cede en carreira a Granada que remata ó corpo do porteiro (58´).

Pablo Ramos sirvella dentro da área a Ibou pero este remata ás mans do porteiro (61´). Nunha xogada de tiraliñas ó primeiro toque é Rodri quen alcanza a área local completamente só pero dispara por alto (74´).

Nun partido tranquilo ata o momento, chegou a polémica ó final. Iago Blanco aproveita un mínimo contacto dentro da área para caer e forzar un discutido penalti que o mesmo xogador se encarga de transformar (80´).

O As Pontes foi a polo empate, e Edi forzou un despexe a córner in extremis do gardamallas visitante (86´). Xa co tempo cumprido, e cando todo parecía decidido é Granada quen parece suxeitar moi levemente a un xogador local e o colexiado sinala outro discutido penalti co que o capitán Edi establece o 1-1 definitivo sen que houbese tempo para máis.

No vixésimo sexto encontro oficial en O Poboado, a punto estivo o Bergantiños de sumar a súa terceira vitoria, tralo 1-5 da 2008-09 e o 0-1 da 2014-15.
Tívose que conformar co décimo empate, polas 14 vitorias locais.

Un As Pontes moi necesitado, visita ó Silva, que respira tras gañar en Castro 0-1. Compricada cancha onde os azuis sucumbiron 1-0 e 4-0 as dúas últimas campañas. O Bergantiños pola súa parte, con 10 puntos, confía en poder gañar a próxima xornada ó antepenúltimo Dubra que hoxe empatou co Compostela 2-2.

1 CD As Pontes. Paco, Criado, Buyo, Prieto, Borja, Rubio, Pablo Ramos (Álvaro Rey 76´), David González (Samu 54´), Ibou, Edi, Rubén Pardo (Cristian 68´).

1 Bergantiños CF. Cristopher, Borja Facal, Aarón, Roberto Prieto, Iago López, Granada, Nano (Iago Blanco 59´), Jorge Sáez, Rodri, Roberto Piñeiro (Nacho 45´), Alex Pérez (Alex Sánchez 83´).

Goles: 0-1, Iago Blanco, de penalti (80´), 1-1, Edi, de penalti (96´).

Árbitro: Uxío Caamaño Vázquez (Vigo). Auxiliado nas bandas por Lorenzo Álvarez e Varela Varela. Amarelas a Borja, Pardo, Edi, Roberto Prieto, Granada, Iago López e Iago Blanco.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Algo máis dun centenar de espectadores en tarde soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios