CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 30 / SETEMBRO / 1-2 / OUTUBRO / 2016

Vitorias do feminino, xuvenil, cadete, infantil e prebenxamín A

613

Vitorias do feminino, xuvenil, cadete, infantil e prebenxamín A

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD Cariño – CD As Pontes (2-3)

Boa vitoria do feminino, que gañou 2-3 en Cariño a pesar de acudir cunha soa suplente, cos tantos de Yoli e Paula de penalti no primeiro tempo, e a gran Carlota no comezo do segundo. Son quintas con 9 puntos antes de recibir ó colista cun punto, Santa Mariña. Xogaron Leti, Yoli, Noelia Santalla, Carolina, Uxía, Paula Castro, Carlota, Yara e Yaiza.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (D. Ferrol)
FC Ortigueira – CD As Pontes (0-11)

Contundente triunfo do conxunto xuvenil en Ortigueira (0-11), con catro tantos de Sergio Cazás, dous de Josiño e Andrés Pita e un de Casas, David e Unai. Terceiros con sete puntos, reciben ó líder con pleno de vitorias, EF Ensanche. Xogaron Lino, Manuel Fernández, David, Bruno, Unai, iago, Carlos, Andrés, Cazás, Casas, Josiño, e despois entraron Fraga, Alex Barro e Manuel Romero.

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – FC Ortigueira (5-3)

Gran triunfo do cadete por 5-3 ante o Ortigueira. Goles de Vicente (2), Santi, Azoin, e Brais, co que os de Rubén Pardo xa suman 4 puntos. Na vindeira xornada xogarán contra o Galicia de Mugardos, terceiro clasificado con 13 puntos en cinco encontros. Xogaron Juan, Xavi, Antonio, Santi, Nono, Antón Paz, Jorge, Xoel, Vicente, Xan, Jose, e despois Andrei, Eyob, Azoin, Brais e Mohamed.

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (D. Ferrol)
FC Ortigueira – CD As Pontes (0-2)

Debutou con vitoria o equipo infantil en Ortigueira, onde gañou por 0-2, con tantos de Joan e Jandro. Na próxima xornada reciben ó Cultural Maniños, que perdeu 1-3 co Cedeira no debut. Xogaron Edgar, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Mario Fraga, Adrián, Hugo, Joan, Jandro, Manuel e despois Mario Regueiro, Dani, Xoel, Iván e Marcos.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Racing de Ferrol (0-10)

O conxunto Benxamín A perdeu no Poboado por 0-10 co Racing de Ferrol. Ocupa a sétima posición con tres puntos. Na vindeira xornada recibe ó Narón O Freixo B, que aínda non sumou. O benxamín B comeza a competición a vindeira fin de semana.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
Cedeira SD – CD As Pontes (1-9)
CD As Pontes B – O Freixo Narón (0-11)

O Prebenxamín A goleou a domicilio por 1-9 ó Cedeira, con goles de Xalo Cebreiro (2), Nacho Villasuso (2), David Maseda, Xandre Domínguez, Alex Basanta, Felipe Riveira e Iker Ares. Son segundos con seis puntos antes de recibir ó colista, O Freixo B Narón.
O Prebenxamín B perdeu na casa por 0-11 co O Freixo Narón. Aínda sen puntuar, visitan na vindeira terceira xornada a un equipo na mesma situación, CD Narón B.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios