O ESTEO FUTBOL SALA

Segunda xornada de liga e o Esteo realiza a primeira saída a terras de Castela, onde se enfrontará ó Universidad de Valladolid.

184

Segunda xornada de liga e o Esteo realiza a primeira saída a terras de Castela, onde se enfrontará ó Universidad de Valladolid.

Partido difícil para os de Javi Saa, equipo que pode dar máis de sí, pero que aínda se está conxuntando ó contar con moitas altas este ano. Ademais o rival Universidad de Valladolid, pese a caer por 4-1 na primeira xornada na casa do vixente campión, Noia FS, será un dos equipos que estará nas primeiras posicións loitando polo título de liga.
Os de As Pontes, que a anterior xornada perderon na casa ante Guardo por 4-5, contan con todo o plantel, incluído o á Lito, que ata a pasada tempada xogou no Cidade de Narón.
Nos enfrontamentos anteriores en pista vallisoletana, gañou o Universidad (8-2) na tempada 2013/14 e nas dúas seguintes rexistráronse senllos empates, 3-3 e 1-1.

SEGUNDA DIVISIÓN B (1ª Xornada)
UNIVERSIDAD VALLADOLID – O ESTEO F.S.
Sábado 8 – Outubro – 2016 (16,30 h)
Pavillón do Complexo Deportivo Fuente de la Mora (VALLADOLID)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios