PLAY OFF DE REPESCA. MURALLA DE LUGO RC 27 – CR FENDETESTAS 13

Ambos conxuntos xogábanse a praza vacante na Primeira Galega

220

O Fendetestas pontés caeu este sábado no play off de repesca da Primeira Territorial galega ante o Muralla de Lugo por 27-13.
O equipo lucense descendeu o ano pasado de Primeira, e o Fendetestas foi o segundo clasificado na segunda categoría, por detrás do ascendido Keltia Ourense.

Pero por mor do ascenso do Ourense Rugbi á División de Honra B, a categoría de prata do rugbi español, quedaba unha praza vacante que se xogou este sábado no campo lucense.

Na primeira metade pronto se adiantaban os locais, aínda que os verdes recurtaban distancias 7-5. Pero dous ensaios do Muralla antes do descanso poñían o marcador nun complicado 19-8.

Nos primeiros minutos do segundo tempo outro ensaio e un golpe de castigo situaban o 27-8 no tanteador, que semellaba definitivo.

Non se renderon os ponteses, que con máis cambios, anotaron outro ensaio con tempo por diante, ainda que non conseguiron desnivelar o definitivo 27-13, polo que o Muralla xogará outro ano máis na primeira categoría do rugbi galego.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios