O ESTEO FUTBOL SALA

Na terceira xornada de liga o Esteo recibe este sábado ó Cuéllar, subcampión de liga da pasada tempada.

154

Na terceira xornada de liga o Esteo recibe este sábado ó Cuéllar, subcampión de liga da pasada tempada

O cadro segoviano é un dos candidatos ó título, aínda que na presente campaña non comezou ben a competición. Logrou o seu único punto ó empatar a tres goles no Barco de Valdeorras e na anterior xornada caeu na casa (2-3) ante o Noia. É décimo cun punto.

Pola súa banda, o Esteo, que ocupa praza de descenso directo con cero puntos, perdeu os seus dous enfrontamentos. Na casa, na primeira xornada, ante o Guardo (4-5) e o pasado sábado foi goleado por 6-1 en Valladolid polo Universidad.

Que dicir ten, que o choque é moi importante para os dous equipos, especialmente para os ponteses, que se ven na obriga de comezar a sumar puntos, se non queren complicarse na clasificación dunha liga, aínda que moi longa na súa duración, de tan só 14 equipos.

No pavillón da Fraga os equipos enfrontáronse en tres ocasións, cunha vitoria (4-1) para o Esteo na tempada 2014/14 e dúas vitorias dos segovianos nas dúas seguintes (2-5 e 2-4).

SEGUNDA DIVISIÓN B (3ª Xornada)
O ESTEO F.S. – F.S. CUÉLLAR COJALBA
Sábado 15 – Outubro – 2016 (18,30 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios