SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – F.S. CUÉLLAR COJALBA (1-2)

O equipo pontés perdeu nos derradeiros segundos, e segue sen puntuar

285

O Esteo pontés perdeu por segunda vez na casa e por terceira xornada consecutiva neste grupo primeiro da Segunda División B.

Nunha primeira metade con dominio alterno e ocasións para ambos conxuntos, anotaron os visitantes tras unha falta que tira Lozano, rexeita Iván, e está atento Davicillo para anotar o 0-1. Pero pouco despois foi Jaco quen recupera un balón, e de forte disparo dende fóra da área establece a igualada.

Xa na segunda metade, nun balón que deixa pasar Lito, chega antes Davicillo que Iván, pero salva Alex Garea baixo paus. Posteriormente é o xogador recén fichado que avanza, e nun bo pase a Gerardo este manda por alto.

Mediado o segundo tempo, resaltar dúas paradas de Iván a tiros de Julio e Lucas, e unha ocasión do Esteo na que Ayala queda só no borde da área, pero bótanselle enriba.

Nos últimos instantes ningún equipo arriscou con xogo de cinco pero había aproximacións por ambos bandos. No derradeiro minuto, recuperou o balón en defensa o equipo castelán leonés, nunha xogada do Esteo de tres contra dous, Lozano da o pase da morte, e chegando dende atrás marca Julio o 1-2.

Quedaban 40 segundos e tentouno o equipo de Javi Saa con porteiro xogador, resaltar un tiro de Jaco, pero o marcador non se moveu e o equipo pontés, sen estrear o seu casilleiro igual que San Jose, Benavente e Boal, visita a cancha do complicado Noia, campión do ano pasado.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Iván, Héctor, Rober Paz, Ayala, Jaco –cinco inicial- Alex Garea, Gerardo, Púas e Lito.

FS CUÉLLAR COJALBA: Cano, Davicillo, Lozano, Charli, Taveras –cinco inicial- Lucas, Pablo, Julio, Isma, César.

ÁRBITROS: Esteban Otero Calvo, Inma Calvo Martínez (Santiago). Carlos Martínez Torres (Pontevedra). Amoestacións a Jaco e Rober Paz.

GOLES: Min. 14 (0-1), Davicillo. Min. 15 (1-1), Jaco. Min.39 (1-2), Julio.

INCIDENCIAS: Partido da terceira xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B disputado no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha entrada duns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios