CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 14-15-16 / OUTUBRO / 2016

Vitorias do feminino, xuvenil, alevín A e prebenxamín A

464

Vitorias do feminino, xuvenil, alevín A e prebenxamín A

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD As Pontes – SD O Val B (2-1)

Gran vitoria do equipo feminino, 2-1 ante O Val B, co que as de Julio Montero sitúanse cuartas empatadas a 15 puntos coas valexas e o Mandiá, lonxe dos 21 que ten o Cultural Maniños. Adiantou Paula Castro ás pontesas, e a pesar de que empatou de penalti Esthefany, no segundo tempo Noelia Ameneiro anotou o 2-1 definitivo. Próxima visita ó colista cun punto, Cedeira. Xogaron Leti, Yoli, Carolina, Nuria, Uxía, Noelia Ameneiro, Noelia Santalla, Xeila, Paula Castro, Carlota e Paula Baamonde e Yara.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (D. Ferrol)
CD Narón B – CD As Pontes (0-1)

Sufrido triunfo do Xuvenil, 0-1 cun tanto de Alex Barro no inicio do segundo tempo, pero tres importantes puntos na visita ó CD Narón B. Sitúanse segundos, a tres puntos do líder Numancia de Ares. Xogaron Meidan, Fraga, David, Bruno, Unai, Iago, Carlos, Pita, Cazás, Josiño, Alex Barro, saíndo despois Manuel Romero e Manuel Fernández. Na vindeira xornada recibe ó San Sadurniño, sétimo con 4 puntos.

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – SD Rápido de Neda (0-4)

O Cadete perdeu por 0-4 contra o Rápido de Neda. Non puido facer nada o equipo de Rubén Pardo ante un conxunto que marchaba cos mesmos puntos que os azuis. Xogaron Andrei, Xavi, Antonio, Nono, Santi, Antón Paz, Jorge, Xoel, Vicente, Xan, Jose, e despois Azoin, Joan, Mohamed e Brais. Undécimos con 4 puntos, visitan ó CD Narón B, que ten a mesma puntuación.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – R. San Pedro (1-3)

Primeira derrota do infantil ante o Racing San Pedro por 1-3, con tanto pontés de Manuel Novo. Sextos con seis puntos, visitan ó líder CD Narón B. Xogaron Edgar, Eloy, Eyob, Xose, Samuel, Dani, Adrián, Hugo, Jandro, Mario Fraga e Manuel, saíndo despois Mario Regueiro, Xoel, Alejandro e Sergio.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Amistade Meirás (11-0)
CD San Sadurniño – CD As Pontes B (5-5)

O Alevín A gañóu 11-0 ó Amistade de Meirás B, e comanda a táboa con seis puntos seguido polo Galicia de Mugardos, equipo ó que visita a vindeira semana. Catro goles de Alex Montero, tres de Diego Purriños, e un de David Cendán, Eloy Pita, Iago Expósito e Anxo Rey. O Alevín B empatou a cinco goles en San Sadurniño, lamentando dous puntos perdidos nun encontro no que chegou a ir gañando por 1-3 e 2-5, e Anxo Blanco meteu os cinco tantos. Terceiros con catro puntos, reciben na vindeira xornada ó líder Rápido de Neda.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – SD Rápido de Neda B (3-4)
SDCR O Freixo Narón – CD As Pontes B (4-0)

Derrota do Benxamín A 3-4 ante o Rápido de Neda B, con goles de Diego Lozano, Sergio Vázquez e Adrián Díaz. Quintos con 6 puntos, visitan na vindeira xornada ó Racing San Pedro, que ten tres puntos. Tamén derrota do Benxamín B, que caeu en Narón por 4-0 ante o líder O Freixo Narón. Ocupan a quinta praza con tres puntos. Visitan na vindeira xornada ó Perlío, que é cuarto.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
UD Cebarca – CD As Pontes (0-8)
CD As Pontes B – Eume Deportivo (1-7)

O Prebenxamín A gañou por 0-8 na Barqueira ó Cebarca e segue líder con 12 puntos, recibindo ó R. Ferrol, que ten nove puntos. Goles de Xandre Domínguez (2), David Maseda (2), Iker Ares, Xalo Cebreiro, Cayetano Franco e Felipe Riveira. O Prebenxamín B perdeu no Poboado por 1-7 ante o Eume Deportivo. O único gol do As Pontes marcouno Xoel Galego. Aínda sen puntuar, visitan na vindeira xornada ó CD Narón, que ten catro puntos.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios