LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

La Galaxia, Farmavida e Bar Xardín lideran a clasificación con seis puntos

407

La Galaxia, Farmavida e Bar Xardín lideran a clasificación con seis puntos

Pese a perder con Bar Xardín, La Galaxia segue de líder, pero agora empatado a seis puntos con Farmavida, que gañou pola mínima a As Pontes 74, e propio Bar Xardín.
A sorpresa da xornada deuna MMYPEM, que empatou a dous goles con Mobles Eume, equipo que semella non ser o mesmo da pasada campaña. Continúa sen puntuar Fisioterapia DC-HIM&HER. Catro equipos teñen un partido menos, Electricidad J&O, MMYPEM, equipos que aínda non coñecen a derrota, A Cepa e Fisioterapia DC-HIM&HER.
Encabezan a táboa de goleadores, con catro goles, Cazás (Bar Xardín) e Fernández (A Cepa). Con tres están Iván (Fisioterapia DC-HIM&HER) e Fontao (La Galaxia).
Na vindeira fin de semana, cuarta xornada de liga, destacan os encontros As Pontes 74 – MMYPEM, Mobles Eume – Electricidad J&O.

RESULTADOS 3ª XORNADA

15-16 / Outubro / 2016

Electricidad J&O – Fisioterapia DC-HIM&HER (4-3) Cristóbal, Juan e Alberto (2) / Iván (2) e Carrillo
Mobles Eume – MMYPEM (2-2) Alfonso e Martín / Narciso (2)
Bar Xardín – La Galaxia (2-1) Cazás (2) / Fontao
Farmavida – As Pontes 74 (1-0) Tino
Galiorient – A Cepa (0-2) Fernández

4ª XORNADA
22-23 / Outubro / 2016

As Pontes 74 – MMYPEM (Sáb. 22, 19:00 h)
Mobles Eume – Electricidad J&O (Sáb. 22, 20:00 h)
Farmavida – Bar Xardín (Dom. 23, 10:00 h)
Galiorient – Fisioterapia DC-HIM&HER (Dom. 23, 11:00h)
A Cepa – La Galaxia (Dom. 23, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios