CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 21-22-23 / OUTUBRO / 2016

O As Pontes visita este domingo a un complicado e difícil rival, o Arousa, quen, tras a súa derrota en Castro, baixou á sexta praza .

246

Para achegarse ós postos de salvación ó As Pontes non lle queda máis remedio que lograr os tres puntos no sempre difícil campo da Lomba, de Vilagarcía, ante un Arousa que se veu sorprendido na pasada xornada no campo do Castro, onde perdeu pola mínima (1-0) e saíu dos postos de promoción de ascenso.

Pola súa banda, o As Pontes necesita con urxencia os tres puntos en xogo cando vai disputado un cuarto da liga, polo que a vitoria é o único resultado que lle vale para achegarse ós postos da salvación, feito que puido lograr a pasada xornada ante o Barco.

Pero, a pesar do seu bo xogo, sobre todo na primeira metade, non puido acadar a súa primeira vitoria do campionato, xa que foi moi prexudicado, unha vez máis, pola mala actuación do árbitro, neste caso o coruñés Xabier Rodríguez Campos, que se amosou excesivamente tarxeteiro cos ponteses y un tanto benévolo cos valdeorreses. E, por se isto non fora pouco, prolongou, cando non houbo motivos, o encontro máis de cinco minutos, concedendo un saque de esquina ó Barco, equipo que no seu posterior lanzamento anotou o gol do empate a dous, intre no que o árbitro deu o encontro por finalizado, sen sacar de centro e cando xa ían máis de 95 minutos de xogo.

Por vixésima vez enfróntanse Arousa e As Pontes en campo vilagarcián. A primeira vez, tamén en 3ª División, foi na tempada 1964/65 con resultado final de empate a dous tantos, anotados por Nito e Aneiros, xogadores do entón Calvo Sotelo. O balance na Lomba é de tres vitorias pontesas por nove dos vilagarciáns e sete empates.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (10ª xornada)
AROUSA S.C. – C.D. AS PONTES
CAMPO DA LOMBA (Vilagarcía de Arousa)
DOMINGO 23 DE OUTUBRO DE 2016 (17,30 h)
ÁRBITRO: BRUNO MÉNDEZ CASTRO (A Coruña)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CEDEIRA SD – CD AS PONTES
CAMPO DO BECO (Cedeira)
SÁBADO 22 DE UTUBRO DE 2016 (19,00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (Grupo A)
CD AS PONTES – CD SAN SADURNIÑO
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
SÁBADO 22 DE OUTUBRO DE 2016 (12,00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (Grupo B)
CD NARÓN B – CD AS PONTES
CAMPO DO CADAVAL (Narón)
SÁBADO 22 DE OUTUBRO DE 2016 (12,00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (Grupo C)
CD NARÓN B – CD AS PONTES
CAMPO DO CADAVAL (Narón)
SÁBADO 22 DE OUTUBRO DE 2016 (10,00 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (1ª Fase)
GALICIA MUGARDOS – CD AS PONTES
CAMPO DA PEDREIRA (Mugardos)
SÁBADO 22 DE OUTUBRO DE 2016 (12,30 h)
CD AS PONTES B – SD RÁPIDO DE NEDA
CAMPO D0 POBOADO (As Pontes)
VENRES 21 DE OUTUBRO DE 2016 (18,35 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (1ª Fase)
RACING SAN PEDRO – CD AS PONTES
CAMPO DA GÁNDARA-3 (Ferrol)
VENRES 21 DE OUTUBRO DE 2016 (18,00 h)
CD AS PONTES B – CCRD PERLÍO
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
VENRES 21 DE OUTUBRO DE 2016 (17,30 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – RACING DE FERROL
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
SÁBADO 22 DE OUTUBRO DE 2016 (10,30 h)
CD NARÓN – CD AS PONTES B
CAMPO DO CADAVAL (Narón)
VENRES 21 DE OUTUBRO DE 2016 (18,00 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios