Máis de 500 inscritos no Trail Mosteiro de Caaveiro

A proba permitirá disfrutar dos recursos turísticos da Capela

272

A falta de pouco menos dun mes para que comece a proba, o próximo 20 de Novembro, as inscricións avanzan a bon ritmo superando xa os 540 inscritos .

O concello de A Capela aposta por promocionar o seu patrimonio histórico e turístico neste caso a través da práctica do deporte. Así, ademais dos premios que os participantes poderán acadar en función do resultado final da competición, os aloxamentos do concello (as casas rurales Castoar e A Lagoa, e o hotel Fragas do Eume) sortearán fins de semana gratuitos entre os participantes. Tamén o museo etnográfico se implica nesta iniciativa, cun horario de apertura extraordinario na tarde dese domingo, que posibilitará ser visitado de 16:00 a 19:00h. Mesmo a restauración colabora na iniciativa,na que Casa Toñita, Casa Peizás, Casa Pepe e Mesón O Pazo ofrecerán unha “reconstituinte” tapa de callos aos corredores ao rematar as probas e ofrecendo un menú especial para ese sinalado día.

O emblema do concello, o Mosteiro do Couto terá o ser protagonismo, xa que será un dos puntos de avituallamento da competición.

Os participantes poderán inscribirse en calquera das tres modalidades dispoñibles. Así, o trail longo terá un percorrido de 22 km, cun desnivel acumulado de 2400 metros e un trazado de auténtico rompepernas salpicado de pendentes, mentres que o trail curto terá un percorrido de 12 km, cun desnivel acumulado de 1400 metros e un trazado algo máis suave. Para quen prefira disfrutar da experiencia sen competir, a organización ofrece unha terceira alternativa que consiste nunha andaina popular de 10 km, esta xa sen opción a trofeo.

O trail, coordinado pola empresa Eventi, permitirá aos participantes adentrarse nas Fragas do Eume nunha época, o outono, que permite disfrutar de toa a súa beleza.

Haberá tamén sorteos de materiais cedidos por empresas colaboradoras e tamén se porá a dispor dos máis pequenos un servizo gratuíto de gardería con xogos e entretementos.

Os interesados poden ampliar a información, descargar as bases e inscribirse dende o portal web do concello da Capela, en www.concellodacapela.es ou na páxina do trail https://trailmosteirodecaaveiro.wordpress.com/

O prazo de inscrición remata o día 15 de Novembro ou ao esgotar as prazas dispoñibles para cada proba.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios