LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

La Galaxia segue de líder, agora con tres puntos sobre As Pontes 74, que é segundo ó vencer a Mesón A Cepa

582

Os galácticos remontaron o empate de MMYPEM con goles de Juan e Fontao. Na segunda posición está As Pontes 74, que nesta xornada goleou a Mesón A Cepa por 5-1. Quen parece perder forza esta tempada é Mobles Eume, que nesta xornada perdeu o seu compromiso con Fisioterapia DC-HIM&HER. Agora é cuarto, empatado a sete puntos con Electricidad J&O e Farmavida, conxunto que o sábado veuse superado claramente polos capeláns.

Fisioterapia DC-HIM&HER, que leva dúas vitorias seguidas, é sétimo con 6 puntos, seguido de MMYPEM (4 puntos), A Cepa (3) e pecha a clasificación Galiorient con só dous puntos.

Catro xogadores encabezan a clasificación con cinco goles, Iván (Fisioterapia DC-HIM&HER), Miguel (Mobles Eume), Fontao (La Galaxia) e Fernández (A Cepa). Cazás, de Bar Xardín, é quinto con catro tantos.

A sexta xornada dispútase a primeira fin de semana de novembro, destacando os encontros Mobles Eume-Farmavida (sábado 20,00) e As Pontes 74-Bar Xardín (domingo 10,00).

RESULTADOS 5ª XORNADA 29-30 / Outubro / 2016

Electricidad J&O – Farmavida (3-0) Manolo (2) e José Pico
Mobles Eume – Fisioterapia DC-HIM&HER (0-1) David Carballo
Galiorient – Bar Xardín (1-1) Juan / Richard
As Pontes 74 – A Cepa (5-1) Óscar (2), Paz, Vila e Javi / Fernández
MMYPEM – La Galaxia (3-1) Juan (2) e Fontao / Manuel

6ª XORNADA 5-6 / Novembro / 2016

A Cepa – Electricidad J&O (Sáb. 5, 19:00 h)
Mobles Eume – Farmavida (Sáb. 5, 20:00 h)
As Pontes 74 – Bar Xardín (Dom. 6, 10:00 h)
La Galaxia – Galiorient (Dom. 6, 11:00h)
MMYPEM – Fisioterapia DC-HIM&HER (Dom. 6, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios