SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS – O ESTEO F.S. (3-3)

Os ponteses lograron o seu segundo punto

351

Segundo empate consecutivo do equipo pontés de fútbol sala nun partido con moitas alternativas e no que os ponteses anotaron por medio de Héctor (2) e Lito.

Os ponteses puideron gañar por medio dun doble penalti de Alex Garea aínda que os locais tamén tiveron as súas opcións, ben atalladas por Javichu.

Curiosamente, por protestas ós arbitros foron expulsados ata tres xogadores locais. Pódese dar por bo a igualada pontesa xa que apenas contou Javi Saa cun par de cambios.

O Esteo é duodécimo con dous puntos, e con un están o Boal Pico e o Atlético Benavente, equipo que visita o Pavillón da Fraga a vindeira semana.

FICHA DO PARTIDO
PIZARRAS TRES CUÑADOS: Maelo, Dilín, Jess, Bruno, David –cinco inicial- Josiño, Corzo, Christian, Juanma.
O ESTEO FS: Javichu, Héctor, Lito, Rober Paz, Púas –cinco inicial- Gerardo, Alex Garea.
ÁRBITROS: Castro Nantes, Roldán Pérez, Fontán Pérez (Santiago). Amarelas a Javichu, Héctor, Rober Paz, Lito, Juanma. Expulsaron ós locais Bruno, Jess e Dilín.
GOLES: Min. 13 (1-0), David. Min. 14 (1-1), Lito. Min. 19 (1-2), Héctor. Min. 20 (2-2), Juanma. Min. 21 (3-2), David. Min. 31 (3-3), Héctor.
INCIDENCIAS: Partido da quinta xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B disputado no Pavillón Municipal de Calabagueiros.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios