Nota de prensa XPAP: Xuntos por As Pontes reclama solución para o circuito de karts e os hortos urbáns

A plataforma cidadá Xunt@s por As Pontes ven de colocar sendos carteis reivindicativos nas inmediacións do circuito de Karts e na parcela donde se prevé a habilitación dos hortos urbáns.

510

A plataforma cidadá Xunt@s por As Pontes ven de colocar sendos carteis reivindicativos nas inmediacións do circuito de Karts e na parcela donde se prevé a habilitación dos hortos urbáns.

Ante a falta de respostas polo equipo de goberno local ás reiteradas preguntas que se veñen formulando durante o que levamos de mandato, membros de Xunt@s por As Pontes decidiron dar visibilidade á que é preocupación dos veciños e veciñas da vila.

photo_2016-11-01_11-36-14

CIRCUITO DE KARTS

A adxudicación da obra do circuito de karts producíase en xaneiro do 2013 á empresa coruñesa Francisco Gómez & Cía por un presuposto de 383.000 euros, obras que comezaron en maio do mesmo ano.

En marzo de 2015, a escasos meses das eleccións municipais, as obras volveron a retomarse, canto menos en apariencia. Segundo o noso alcalde, precisábase só unha última capa de asfaltado para o seu remate final, na que se investiron uns 140.000 euros máis, pero que non se levou a efecto ata o momento.

O certo é que a día de hoxe, 1 de novembro de 2016, tres anos despois do comezo das obras, o circuito de karts está sen rematar. E o que é peor, atópase nun estado de abandono e deterioro acuciante, polo que para a súa rehabilitación será preciso un investimento maior.

Ante esta situación, os veciños e veciñas da vila preguntámonos ¿Era tan urxente acometer esta obra? ¿Para qué se investiron uns 400.000 euros nun proxecto que non ten uso nin se prevé que o teña no curto prazo? ¿Non sería mellor adicar esa cantidade de diñeiro a outras inversións que melloraran directamente a vida diaria da veciñanza?

photo_2016-11-01_11-36-17

HORTOS URBÁNS

Por outra banda, a creación dos hortos urbanos publicábase aló polo mes de febreiro de 2014, proxecto para o que estaba previsto unha inversión de 67.000 euros.

O que foi calificado polo equipo de goberno local coma “un proxecto totalmente novidoso na contorna, sinónimo de autosuficiencia, aforro económico, ocio e convivencia veciñal”, que habilitaría 100 parcelas independentes nas inmediacións da ponte de Perfolla e que se cederían de balde a aqueles veciños e veciñas interesadas traballalas, segue a día de hoxe sen materializarse.

De novo, case tres anos depois, seguimos sen saber qué foi do proxecto e para cándo se prevé acondicionar e habilitar os terreos.

As Pontes, 1 de novembro de 2016

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios