CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 5-6 / NOVEMBRO /2016

Tres anos despois, Vilalonga e As Pontes volven a enfrontarse na Terceira División

197

Tres anos despois, Vilalonga e As Pontes volven a enfrontarse na Terceira División

Antes os dous equipos xogaran sete partidos oficiais no campo de San Pedro, sendo a primeira na eliminatoria da copa do Rei na tempada 1991/92 con vitoria do Endesa As Pontes por 1-3, conxunto que gañou os catro seguintes encontros, todos en Terceira (0-3, 0-1, 0-1 e 1-2). Na tempada 2010/11 comezaron os triunfos locais, tres en total (2-1, 2-1 e 3-1).
Na presente tempada, o Vilalonga, fundado en 1947 e con 22 tempadas en Terceira División, está na metade da clasificación con 16 puntos, logo de gañar en Castro por 1-2. O CD As Pontes suma sete puntos despois do seu primeiro triunfo da tempada ante o colista Ordes. Segue na penúltima praza e necesita sumar puntos para saír da zona perigosa do descenso.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (12ª xornada)
VILALONGA C.F. – C.D. AS PONTES
CAMPO DE SAN PEDRO (Vilalonga)
DOMINGO 6 DE NOVEMBRO DE 2016 (16,30 h)
ÁRBITRO: HÉCTOR CASTIÑEIRA BLANCO (A Coruña)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
RACING DE FERROL – CD AS PONTES
CAMPO DA MALATA 2 (Ferrol)
SÁBADO 5 DE NOVEMBRO DE 2016 (16,00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (Grupo A)
CEDEIRA SD – CD AS PONTES
CAMPO DO BECO (Cedeira)
SÁBADO 5 DE NOVEMBRO DE 2016 (17,00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (Grupo B)
CD AS PONTES – AMISTADE MEIRÁS B
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
SÁBADO 5 DE NOVEMBRO DE 2016 (11,30 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (Grupo C)
CEDEIRA SD – CD AS PONTES
CAMPO DO BECO (Cedeira)
SÁBADO 5 DE NOVEMBRO DE 2016 (10,30 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – UD CEBARCA
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
SÁBADO 5 DE NOVEMBRO DE 2016 (10,00 h)
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES B
CAMPO DE SAN CLAUDIO (Ortigueira)
SÁBADO 5 DE NOVEMBRO DE 2016 (11,00 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (1ª Fase)
RACING FERROL C – CD AS PONTES
CAMPO DA MALATA 3 (Ferrol)
SÁBADO 5 DE NOVEMBRO DE 2016 (12,15 h)
CD AS PONTES B – GALICIA CARANZA B
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
SÁBADO 5 DE NOVEMBRO DE 2016 (11,10 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES (Descansa)
CD AS PONTES B – SD O VAL

CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
SÁBADO 5 DE NOVEMBRO DE 2016 (12,20 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios