Nota de prensa Xuntos por As Pontes: Renuncia Jéssica Fernández Polo

A concelleira e voceira do Grupo Municipal Xunt@s por As Pontes, Jésscia Fernández Polo, presentou a súa renuncia no pleno ordinario do mes de outubro, que se celebrou o mércores día 2.

456

A concelleira e voceira do Grupo Municipal Xunt@s por As Pontes, Jésscia Fernández Polo, presentou a súa renuncia no pleno ordinario do mes de outubro, que se celebrou o mércores día 2.

A continuación, explícanos as razóns que a levaron a tomar esta decisión:

“No pleno de onte din conta da miña renuncia ao cargo de Concelleira por imposibilidade de conciliar.

De sempre me resultou complicado compatibilizar o traballo coa actividade política no Concello, pois os plenos e as comisións celébranse en horario laboral. Agora, como ben sabedes, tamén son nai de dúas meniñas. A conciliación sempre é unha tarefa complicada, pero nestas circunstancias tórnase case imposible.

Son unha persoa á que lle gusta facer as cousas ben, e a asistencia tanto aos plenos coma ás comisións supón unha carga de traballo que se me fai difícil de asumir neste momento, pois require unha preparación previa en rigor e en profundidade dos asuntos a tratar.

Hai momentos na vida nos que hai que elixir e neste elixo a miña familia. Iso sí, seguirei a facer política aínda que non dende a primeira liña.

Quero agradecer a todo o persoal do Concello a súa colaboración comigo ao longo de todos estes anos. Tamén aos concelleiros que me atenderon e facilitaron a información que precisaba. E aos que non o fixeron, tamén lles agradezo igualmente porque de todas as experiencias da vida se aprende.

Deixo o cargo con tranquilidade pois queda aquí o meu compañeiro Alberto Pellón, quen demostrou a súa valía durante este tempo. Ademais detrás de min hai xente sobradamente preparada que saberá desempeñar esta labor.

O meu paso polo Concello foi unha experiencia moi bonita e gratificante que lle recomendo a todas as veciñas e veciños. Todos deberiamos pasar por aquí cando menos unha vez na vida para coñecer de primeira man o seu funcionamento.

Jéssica Fernández Polo”

As Pontes, 3 de outubro de 2016

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios