CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 5-6 / NOVEMBRO / 2016

O primeiro equipo volve a perder dous puntos moi importantes nos derradeiros segundos. Importantes triunfos do Feminino e Xuvenil. Tamén gañaron os dous Alevíns e o Benxamín A.

360

O primeiro equipo volve a perder dous puntos moi importantes nos derradeiros segundos. Importantes triunfos do Feminino e Xuvenil. Tamén gañaron os dous Alevíns e o Benxamín A.

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL (Galicia)
Vilalonga CF – CD As Pontes (2-2)

Como dicía o famoso xornalista deportivo xa falecido Gaspar Rosety, “hasta el rabo todo es toro”. A mesma frase é a que se pode aplicar ó As Pontes nestas últimas semanas, i é que nun caso insólito no mundo do fútbol, o equipo pontés perdeu sete puntos en tres partidos no tempo de prolongación, dos últimos catro disputados.

Tan só se recorda unha racha parecida na tempada 2011-12, i é que contra o Betanzos, Sanxenxo, Somozas e Dorneda o As Pontes, contando os cinco últimos minutos de cada encontro, perdera 8 de 12 puntos. O Betanzos gañara 1-2 no desconto, o colista Sanxenxo logrou o 1-1 no 85´, o Somozas empatara 1-1 no Poboado no 87´, por riba tanto do xogador local Fernando Castro, e o peor aconteceu en Dorneda, onde gañando 0-1, no tempo de desconto remontaron os locais para acabar impoñéndose 2-1.

Se ben neste caso extremo, os empates de Barco e Vilalonga, e a vitoria do Arousa coincidiu co remate do partido. Tan só queda resignarse e agardar a complicada visita do líder Rápido de Bouzas, cun Pablo Carnero que hoxe meteu tres goles e xa suma sete.
No encontro de hoxe marcou Rubén Pardo cun tiro escorado ó pouco do comezo do segundo tempo e preto do final marcaba Edi o 0-2 ó transformar un penalti cometido sobre Ibu. Pero pasado o minuto 90, o goleador do equipo de Sanxenxo, Javi Pazos anotaba o 1-2, e na derradeira xogada do encontro Pana anotaba o empate dun forte disparo (93´), rescatando un punto o conxunto local e perdendo dous o visitante. Xogaronpolo As Pontes, Paco, Criado, Buyo, Callón, Edi, Rubio, Ramos (Morrys 80´), Samu (Cris 86´), Ibu, David e Pardo (Álvaro 73´).

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
Racing de Ferrol – CD As Pontes (1-3)

Brillante e histórico triunfo do equipo feminino na casa do todopoderoso Racing de Ferrol (se ben gañouse por 0-1 a este mesmo equipo en 2014). No primeiro período adiantou ás azuis Paula Castro, e Nuria marcou preto do descanso, e aínda que as verdes recortaron distancias no segundo acto, no derradeiro minuto Paula Castro logrou o 1-3 definitivo. Segue liderando Cultural de Maniños con 30 puntos, seguido de O Val B e As Pontes con 24. Na vindeira reciben ó Amistade de Meirás, que ten 12 puntos. Xogaron Leti, Yoli, Noelia Santalla, Nuria, Indira, Noelia Ameneiro, Vicky, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (D. Ferrol)
Cedeira SD – CD As Pontes (1-4)

Paso adiante do xuvenil que gañou por 1-4 en Cedeira, pero a vitoria do Meirás (7-0) ante o Cariño fai que os de Felipe Mieres precisen como mínimo do empate na derradeira xornada ante o equipo de Valdoviño para entrar en semifinais de Copa. Encontro que se xogará no Campo do Poboado. O Numancia de Ares xa está clasificado con 22 puntos, mentres que os verdinegros suman 18 por 19 dos branquiazuis. Tamén emoción no outro grupo, onde o Caranza B xa está clasificado e a outra praza sairá do enfrontamento entre Portuarios e CD Narón.

A pesar do avultado do marcador, os goles non chegaron ata a segunda metade, onde Casas cun hat trick e Pita, de penalti, poñían o 0-4, maquillado por Jesús preto do final. Xogaron polos ponteses, Meidán, Fraga, David, Bruno, Unai, Pita, Iago, Jaime, Carlos, Casas e Josiño, entrando despois Cazás, Lino, Alex Barro, Manuel Romero e Manuel Fernández.

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Amistade Meirás B (1-5)

Derrota do Cadete 1-5 ante o Amistade de Meirás B nun encontro onde os de Valdoviño comezaron adiantándose por medio de Juan, e aínda que Vicente empatou, Alejandro poñía o 1-2 co que se chegou ó descanso. No segundo tempo, os verdes anotaron outros tres tantos máis por medio de Jonathan, Alejandro e Sergio. Duodécimos con catro puntos, despiden a primeira fase na casa do Meirás, sexto clasificado. Xogaron: Juan, Eyob, Xavi, Santi, Antonio, Antón Paz, Azoin, jose, Vicente, Xan e Jorge, entrando despois Xoel, Antón Cillero, Brais e Mohamed.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (D. Ferrol)
Cedeira SD – CD As Pontes (3-2)

Nova derrota do infantil, que xa leva catro consecutivas, nesta ocasión en Cedeira por 3-2. Adiantáronse os locais con tantos de Juan e Raúl, e aínda que no segundo tempo Joan anotou dous tantos, preto do final Rafael poñía o 3-2 como resultado definitivo. Sextos con seis puntos, na vindeira xornada reciben ó Galicia Caranza B, que conta con quince puntos. Xogaron polo As Pontes: Mario Regueiro, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Mario Fraga, Xoel, Jandro, Joan, Hugo, Manuel, xogando despois Edgar, Sergio, Ismael, Dani e Mateo.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – UD Cebarca (6-2)
FC Ortigueira – CD As Pontes B (0-9)

Gran triunfo do Alevín A por 6-2 ante o que era colíder invicto, Cebarca. Terceiros con doce puntos, visitan ó Cariño, que tamén suma doce, quinto clasificado. Tres goles de Alex Montero, un dos irmáns Ángel e Diego Purriños, e outro de David Cendán.
O Alevín B gañou por 0-9 ó Ortigueira. Son cuartos con dez puntos antes de recibir ó Eume B, que totaliza seis. Catro goles de Israel Varela, dous de Xandre Fernández, e un de Yeray Paz, Anxo Blanco e outro en propia meta.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
Racing de Ferrol – CD As Pontes (1-3)
CD As Pontes B – Galicia de Caranza D (2-2)

O Benxamín A gañou 1-3 ó R. Ferrol C, e son sextos con nove puntos. Na vindeira xornada descana. Goles ponteses de Destaw Pellón, Sergio Vázquez e Adrián Díaz.

O Benxamín B empatou 2-2 ante o Caranza D. Son quintos con 7 puntos, antes de visitar ó R. Ferrol D, décimo, aínda sen puntuar. Goles de Xalo González e Xavi Regueiro.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes (Descansou)
CD As Pontes B – SD O Val (1-3)

O Prebenxamín A descansou e marcha segundo con 15 puntos antes de recibir ó Rápido de Neda, que suma catorce.

No duelo de equipos aínda sen puntuar, perdeu o Prebenxamín A 1-3 ante O Val. Na seguinte xornada visitan ó Galicia de Mugardos, que ten nove puntos. Tanto pontés obra de Brais Varela.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios