SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA DE RUGBY: CR FENDETESTAS – KALEIDO UNIVERSIDADE DE VIGO B (26-17)

O equipo pontés lidera a táboa xunto a outros tres equipos

330

O equipo pontés de rugby Fendetestas logrou a súa segunda vitoria da tempada tras vencer ó conxunto olívico por 26-17. Anteriormente o cadro pontés gañara 38-19 ó Zalaeta e perdera 35-19 ante o Universidade de Ourense B.

Os verdes anotaron na primeira metade catro ensaios, conseguindo o bonus ofensivo, por medio de Rober (2), Antón e Andrés. O propio Rober acertou tres dos catro lanzamentos a paus.

Sen embargo no segundo tempo os vigueses achegáronse no marcador, aínda que nos derradeiros minutos os locais acabaron controlando a situación, mantendo o oval alongado do seu terreo, co que os vigueses nin tan sequera puideron conseguir o bonus defensivo por perder por sete puntos ou menos.

Noutros encontros da xornada, O Crat A Coruña B venceu 54-30 ó Zalaeta de Arteixo, e o Universidade de Ourense B 41-14 ó Barbanza.
Agora mesmo lideran a clasificación o Crat B, Santiago, Universidade de Ourense B e Fendetestas, que suman dez puntos cada un, por seis do Zalaeta, un do Universidade de Vigo B e aínda sen puntuar o Barbanza.

A vindeira semana os ponteses visitan ó Santiago, equipo que gañou os dous encontros que disputou, 39-12 ó Universidade de Ourense B e 22-31 ó Universidade de Vigo B, e descansou esta xornada.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios