I Concurso de Fotografía Concello da Capela

Organizado polo Concello da Capela, con patrocinio da Deputación da Coruña

374

Co obxectivo de difundir o patrimonio histórico, etnográfico e natural que conforman o Mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume, na Capela, así como promover a defensa ambiental e o ecoloxismo, o Concello da Capela, co patrocinio da Deputación da Coruña, ve de convocar o I Concurso de Fotografía Concello da Capela.

O concurso premia a calidade das fotografías por ser especialmente innovadoras e inspiradoras, que reflictan recunchos descoñecidos, novas perspectivas ou interpretacións dos recunchos coñecidos, dende unha mirada que capte a beleza, a grandeza, o misterio e a fraxilidade das Fragas do Eume na vertente municipal da Capela e/ou o Mosteiro de Caaveiro, cunha execución que respecte a orixinalidade da contorna, a conservación dos seres vivos no seu hábitat, evitando a alteración, perturbación ou interferencias no seu estado ou comportamento natural.

PARTICIPACIÓN:

A participación é libre e gratuíta.

Poderán participar fotógrafos profesionais ou afeccionados maiores de idade, excepto: os membros do xurado, os membros do goberno municipal da Capela, os seus cónxuxes e parentes en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Tampouco poderá participar o persoal da empresa organizadora.

Cada participante poderá entregar un máximo de 5 fotografías.

As fotografías deberán ser inéditas, en B/N ou en cor e non deben ter sido seleccionadas, premiadas ou presentadas en ningún outro certame ou concurso.

As fotografías deberán cumprir os Requisitos Técnicos indicados nas Bases e ser tomadas durante o ano 2.016.

Os participantes responsabilizaranse da autoría, orixinalidade e contidos das súas fotografías.

As fotografías premiadas pasarán a ser propiedade do Concello da Capela.

A entrega farase en 2 sobres brancos pechados identificados cun pseudónimo que non deberá ser ningún nome propio, nin deberá levar taches nin eñes. Un dos sobres conterá as fotografías en soporte dixital (CD, DVD, pendrive usb) etiquetado co pseudónimo, cada unha delas identificadas co pseudónimo seguido dun guión baixo e un número (p.ex.: seudonimo_01, seudonimo_02…). O outro sobre deberá conter unha folla cos datos do participante (nome, apelidos, número de DNI, dirección completa, teléfono de contacto e email).

As entregas poderán facerse entre o 1 de Novembro de 2016 e as 13:00h do 30 de Novembro de 2016 no rexistro do Concello da Capela.

REQUISITOS TÉCNICOS:

As fotografías non deberán ter marcos, bordos, marcas de auga, firmas nin pés de foto.

O formato das imaxes debe ser JPEG, convertidas ao espazo de cor RGB con perfil incrustado. O tamaño mínimo será de 30×20 cm. a 300 ppp., e o máximo será de 45×30 a 300ppp.

Non se permite a manipulación nin a alteración dixital das fotografías. Só se admitirán axustes lixeiros que afecten a:

• Conversión da imaxe a branco e negro.
• Correccións globais de ton, equilibrio de branco, contraste, luminosidade, saturación de cor e axuste de sombras e luces.
• Redución selectiva de ruído dixital e gran.
• Limpeza de partículas así como corrección de distorsións e aberracións ópticas. Eliminación de viñeteo.

A organización poderá solicitar o arquivo orixinal RAW das fotografías que cheguen á fase final do concurso, para o caso de dúbidas ou controversias de manipulación dixital.

FASES DO CONCURSO:

Entre o 1 e o 4 de Decembro de 2016 o xurado fará unha selección das 10 fotografías que considere finalistas.

Desa selección, entre o 5 e o 11 de Decembro extraeranse as 3 vencedoras.

A entrega de premios será presencial no Concello da Capela, previsiblemente o 15 de Decembro.

PREMIOS:

Establécense 3 premios:

1. 500 €
2. 300 €
3. 100 €

XURADO:

O xurado estará formado por polo menos 3 fotógrafos profesionais, 1 representante do Concello da Capela, 1 representante da empresa organizadora. Os seus nomes desvelaranse o 1 de Decembro de 2016, no portal web www.concellodacapela.es.

Trail Mosteiro de Caaveiro.

Por outra banda, infórmase que o I Trail Mosteiro de Caaveiro, organizado tamén polo Concello da Capela, ten cuberto xa o seu cupo de participantes; 750 corredores participarán nesta proba que se desenvolverá no entorno das Fragas do Eume o día 20 de Novembro.

Lembramos que están previstas 3 probas: un trail longo de 22 kms, un trail curto de 12 km e unha andaina de 10 kms. Os establecementos de turismo da Capela participan neste trail elaborando un menú especial do corredor, a un prezo de 15 euros (require reserva previa), aportando tapas de callos para os corredores, e sorteando aloxamentos de fins de semana; son Casa Pepe, Casa Toñita, Casa Peizás, Mesón O Pazo, Hotel Fragas do Eume, Cara rural Castoar e Casa rural Lagoa.

A información destes dous eventos está a dispor no portal web do Concello da Capela, en www.concellodacapela.es

Máis información:
Concello da Capela, Tlf: 981.45.90.06 www.concellodacapela.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios