II EDICIÓN DA FEIRA DO MEL DE MURAS

Será na Praza do Viveiró, os días 19 e 20 de Novembro de 2016

366

Tras o éxito da primeira edición da feira do mel de montaña de Muras, o Concello presenta a segunda edición, esta vez cun programa repartido en dóus días, o 19 e o 20 de Novembro, coa colaboración da casa do mel de Goente e da Deputación de Lugo.

O programa dará comenzo o sábado día 19 ás 17:00h cunha charla formativa que versará sobre o “Aproveitamento de produtoss apícolas” e outra charla que levará por título “Tipos de mel e as súas características”, ambas impartidas por especialistas da Casa do Mel de Goente. Entre as charlas haberá pausas de tipo didáctico para cada de queixos do país con mel, e outra cata de distintos tipos de mel.

A continuación das charlas, haberá unha degustación gratuita de lacón cocido na mesma carpa onde se desenvolverá o evento.

O peche a esta xornada o poñerá unha actuación musical.

O domingo a xornada comenza ás 11 da mañá coa apertura dos postos da feira do mel que irá compañado dun obradoiro de cestería para os máis pequenos. Un total de 20 postos conformarán esta feira de Muras, a pesar da merma na producción padecida este ano.

Ás 12:00 terá lugar un showcooking a cargo de Antonio Díaz, chef do restaurante Andarubel.

Ás 16:00 farase un obradoiro lúdico para nenos.

Esta segunda edición da feira do mel de Muras rematará ás 19:30 horas, cunha actuación musical.

Máis información: Concello de Muras. – Teléfono 982.50.00.12

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios