SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – LEIS 26 PONTEVEDRA F.S. (5-3)

O equipo pontés situase na sétima posición con 11 puntos antes de visitar ó colista

400

O equipo pontés situase na sétima posición con 11 puntos antes de visitar ó colista

O Esteo pontés de fútbol sala conseguiu este sábado a súa terceira vitoria consecutiva e sumou a súa quinta xornada sen perder, tras impoñerse ó histórico Leis de Pontevedra por 5-3, se ben o encontro foi moito máis disputado do que sinala o marcador.

De feito adiantouse o equipo pontevedrés mediado o primeiro período tras un tiro por baixo de Dani que sorprende a Javichu, pero tras un penalti, Alex Garea equilibrou o marcador.

Antes do descanso, nun roubo de Jaco, Ayala sírvella a Gerardo, que marca de forte punteirazo dende o borde da área. Co 2-1 chegouse ó descanso, se ben Rober Paz puido ampliar o marcador tras un bo balón roubado por Jaco, pero disparou alto.

Xa no segundo tempo, nunha xogada na que quedou só Bárcala, saiu Javichu, e acabou marcando o xogador visitante dun tiro cruzado ó segundo pau. Voltou a poñer en vantaxe ós ponteses Jaco tras un tiro raso de falta, pero outra vez empataban ós pontevedreses por medio dun forte disparo de Borja nunha contra, que non consigue atallar Iván.

Entremedias houbo dous tiros de Garea que sacaron dous defensas baixo paus, un tiro cruzado de Rober Paz tras saque de córner, e unha ocasión na que Borja quedou só. A dous minutos do final, nunha bola que recupera Héctor, dálle o balón a Jaco, que dispara, raso, pegado ó primeiro pau, onde non pode chegar Fiou, poñendo o 4-3 no marcador.

A partir de aí, foi expulsado por dobre cartón Dani, e algo máis rigorosa a de Gustavo por protestar, polo que os visitantes afrontaron o último minuto e medio con dous xogadores de pista mailo porteiro. O Esteo adicouse a conservar o balón, e faltando seis segundos, Héctor, completamente só, bate por alto a Fiou poñendo o 5-3 definitivo.

O equipo de Javi Saa é sétimo con 11 puntos antes de visitar ó colista. Ten un colchón de seis puntos sobre os cinco últimos clasificados. Pero, non deben relaxarse. A vindeira semana xogan contra o último clasificado con dous puntos, o Boal Pico, o único conxunto de Asturias. Curioso equipo, porque é o que menos goles leva anotados, pero tamén o sexto menos goleado.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Jaco, Gerardo, Lito, Rober Paz –cinco inicial- Héctor, Púas, Alex Garea, Ayala e Iván.

LEIS 26 PONTEVEDRA F.S.: Fiou, Miguel, Bárcala, Berto, Borja –cinco inicial- Carlos, Gustavo, Dani, Pablo Durán, Martín e Sancho.

ÁRBITROS: Borja Arca Blanco (Vigo), Rubén Ferrero Carballal (Pontevedra) e Inma Silva Martínez (Santiago). Amarelas a Lito, Rober Paz, Bárcala e Borja. Expulsaron por dobre amoestación a Dani (min. 38) e Gustavo (min. 39).

GOLES: Min. 9 (0-1), Dani. Min. 10 (1-1), Alex Garea, de penalti. Min.16 (2-1), Gerardo. Min. 27 (2-2), Bárcala. Min. 33 (3-2), Jaco. Min.35 (3-3), Borja. Min. 37 (4-3), Jaco. Min. 40 (5-3), Héctor.

INCIDENCIAS: Encontro da oitava xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B disputado no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha entrada duns 200 espectadores.

PARTIDOS DOS EQUIPOS DE BASE

LIGA PROVINCIAL DE LUGO (6ª xornada)
O ESTEO F.S. “B” – TRABADA FUTSAL (2-3)

LIGA DA TERRA CHA (2ª xornada)
INFANTIL: MONDOÑEDO FS – O ESTEO FS (1-2)
ALEVÍN: MONDOÑEDO FS – O ESTEO FS (4-3)
BENXAMIN: MONDOÑEDO FS – O ESTEO FS (3-8)
PREBENXAMIN: MONDOÑEDO FS – O ESTEO FS (1-7)

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios