Nota de prensa XPAP: Xunt@s por As Pontes organiza unha palestra sobre educación: a LOMCE, as reválidas e o contexto educativo

Terán lugar este xoves 24 ás 20:00 horas na sala de exposicións Mercado Vello. 

164

A plataforma cidadá Xunt@s por As Pontes convida a toda a veciñanza á palestra sobre educación que terá lugar este xoves día 24 de novembro, ás 20:00 horas na sala de exposicións Mercado Vello, coincidindo coa folga xeral organizada para o mesmo día por toda a comunidade educativa.

No faladoiro, que versará sobre a LOMCE, as reválidas e o contexto educativo, intervirán:

– Emilio Santos Maira, estudante, fará unha contextualización da situación que da pé á LOMCE;

– Jéssica Fernández Polo, Orientadora escolar, explicaranos o impacto real e directo desta lei no alumnado e nas familias, con análise de casos concretos;

– Mariló Candedo Gunturiz, Profesora universitaria e Presidenta da Nova Escola Galega, abordará a situación actual da LOMCE, as súas consecuencias e os avances que se acadaron nos últimos meses.

Ao remate, abrirase un espazo para o debate no que todas as persoas que asistan poderán participar.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios