O comercio local ofrecerá descontos o 25 de novembro na celebración do Black Friday

Este venres 25 de novembro os mellores prezos telos nas Pontes. Ata un 85% de desconto.

220

Tendas de roupa, calzado, deportes, ópticas, florerías ou perfumería, entre moitas outras, participarán ao redor dunha trintena de negocios nesta iniciativa, promovida no concello coruñés pola asociación Cohempo, en colaboración co Concello, o Ippec e Amigus.

A asociación pontesa tamén se prepara de cara ao Nadal coa organización de varios cursos enfocados aos comerciantes. O sabádo, día 26, será a asegunda xornada do taller de escaparatismo, de 16.00 a 20.00 horas no local da asociación e xa hai previstos outro de empaquetado comercial -3 de decembro de 16.00 a 20.00 horas- e outro de márketing e punto de venda -10 de decembro-. Todos son gratis para os socios de Cohempo.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios