88 Foliada do Lar

Moitas novidades van acontecer na 88 Foliada o venres 25 no Lar

307

22:30.- Actuación do grupo infantil de música folc QUENINDIOLE. Composto por nenos e nenas de mui curta idade e formados na comarca de ferrolterra. O grupo está acadando un grande éxito alí por onde pasan, deixando éstes mostras evidentes da súa calidade tal como o fixeron no recente concerto do XXXVII Festival Irmandiño de Moeche.

Gran concurso internacional de ATURUXOS. Elixiremos a/o millor aturuxador/a entre os participantes con agasallos para os mais valorados polo público.

23:30.- Obradoiro de Baile iniciación/perfecionamento impartido por Uxío de Repichoca Ferrol. Uxío con experiencia dabondo en estes menesteres, ensinará ao son da música a tod@s @s participantes a desenrolase con solvencia en unha Foliada, para elo tratará os ritmos da muiñeira, xota e mesmo o agarrado. Non é necesario anotarse con antelación.

00:30.- O grupo anfitrión e organizador , seremos os responsables de pechar a ronda de actuacións programadas para deixar paso á Repichoca, celebrando deste xeito outro Outono cargado de magostos con castañas, viño e cheiño de Música Tradicional.

Nota: Habemos tratar de ser rigurosamente puntuales no horario establecido de comezo da Foliada.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios