CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 25-26-27 / NOVEMBRO / 2016

Difícil partido para o As Pontes, penúltimo na clasificación, ante un Cerceda que loita polos postos de promoción

190

Logo da derrota a pasada xornada ante o Choco, un rival directo, moi complicado o ten o As Pontes saír do fondo da clasificación a estas alturas da competición. E por riba recibe este domingo ó Cerceda, equipo que loita pola promoción de ascenso. É terceiro a seis puntos do líder, Rápido de Bouzas. Intentouno en nove ocasións e nesta tempada busca a décima oportunidade.

Quedan só cinco xornadas para o remate da primeira volta, e o As Pontes segue afundido na clasificación, 19º con só 9 puntos, quince menos cós cercedenses, que nesta tempada xa gañaron nas Pontes por 1-3 na Copa Federación. Antes no Poboado, sete empates, dúas vitorias locais e tres visitantes. Un Cerceda que leva cinco xornadas sen perder, con 22 tempadas na 3ª División e no que militan os ex do As Pontes Angeriz, Cañizares e Juan.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (15ª xornada)
C.D. AS PONTES – C.C.D. CERCEDA
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
DOMINGO 27 DE NOVEMBRO DE 2016 (16,15 h)
ÁRBITRO: PABLO ÁLVAREZ CALDERÓN (Vigo)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – CCRD PERLÍO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 26 de Novembro de 2016 (16,45 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª FASE (Grupo 4º)
GALICIA CARANZA B – CD AS PONTES
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 26 de Novembro de 2016 (16,00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª FASE (Grupo 4º)
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES
Campo da Piscina (San Sadurniño)
Sábado 26 de Novembro de 2016 (17,00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (Grupo C)
CD AS PONTES – SDCR NARÓN O FREIXO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 26 de Novembro de 2016 (11,00 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (1ª Fase)
GALICIA CARANZA B – CD AS PONTES
Campo de Caranza 2 (Ferrol)
Venres 25 de Novembro de 2016 (19,00 h)
CD AS PONTES B – GALICIA CARANZA C
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 26 de Novembro de 2016 (10,30 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (1ª Fase)
SDR ÁNIMAS – CD AS PONTES
Campo da Gándara (Ferrol)
Venres 25 de Novembro de 2016 (18,05 h)
CD AS PONTES B – GALICIA CARANZA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 26 de Novembro de 2016 (11,35 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – CD SAN SADURNINO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 26 de Novembro de 2016 (12,40 h)
CD SAN SADURNINO B – CD AS PONTES B
Campo da Piscina (San Sadurnino)
Venres 25 de Novembro de 2016 (18,30 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios