O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo xoga este domingo en terras asturianas, onde se enfrontará ó Boal, colista do grupo

121

A pesar de ocupar a derradeira posición con só dous puntos, os ponteses non se fían do conxunto asturiano, polo que tratarán de continuar na súa boa racha de cinco xornadas sen perder, con dous empates e tres vitorias seguidas que lle permitiron subir ata a metade da clasificación.
Para o cadro asturiano esta é a segunda tempada na categoría. Na pasada campaña o Esteo venceu con claridade no pavillón da Fraga por 6-1 e en pista asturiana gañou pola mínima (4-5).

SEGUNDA DIVISIÓN B (9ª Xornada)
F.S. BOAL – O ESTEO F.S.
Domingo 27 – Novembro – 2016 (12,30 h)
Pavillón Municipal de Boal (Asturias)

PARTIDOS DOS EQUIPOS DE BASE

LIGA PROVINCIAL DE LUGO (7ª xornada)
FS GUITIRIZ – O ESTEO F.S. “B”
VENRES 25 DE NOVEMBRO (19:00)
PAVILLÓN MUNICIPAL DE GUITIRIZ

LIGA LOCAL DE FUTBOL SALA DE AS PONTES (6ª xornada)
PINTURAS COLORMIX – O ESTEO F.S. “B”
DOMINGO 26 NOVEMBRO (17:00), PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES

Nova cortesía de AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios