ALEX, PAULA E PATRICIA ESTARÁN EN XINZO DA LIMIA

Este próximo martes no Torneo de Seleccións Comarcais

336

As seleccións ferroláns alevíns sub12 xogarán este martes festivo día 6 no Torneo de Seleccións Comarcais.

Esta primeira fase disputarase desde as 10:00 da mañá ata as 19:45 da tarde-noite no Campo de A Moreira, en Xinzo de Limia. Serán partidos de vinte minutos por tempo, con cinco de descanso.

As alevíns xogarán contra A Coruña (10:45), Pontevedra (12:15), Santiago (16:00) e Vigo (18:15).

Pola súa banda o combinada masculino xogará contra Santiago (10:45), Lugo (13:00) e Ourense (17:30).

As 16 convocadas alevíns son as seguintes:
Eume Deportivo: Antía Brage, Ainhoa Tenreiro, June Moreno
Galicia de Mugardos: Sabela Romero, Clara Pérez
CCRD Perlío: Uxía López, Aitana Vellón
Narón o Freixo: Laura Testa, María Díaz
CD As Pontes: Paula Bellas Ruiz, Patricia Adega Bouza
EF Racing de Ferrol: Olivia Saavedra
CF Meirás: Alba Cruz
SD Cedeira: Lucía Bellón
Racing San Pedro: Sofía Ferreiro
UD Cebarca: Ceciclia González

Os 16 seleccionados no combinado sub12 son os seguintes:
EF Racing Club de Ferrol: Marcos Agudín, Álvaro Mardones, Julián Pardo, Ismael Ríos
Galicia de Caranza: Sergio Beceiro, Marco Cagiao
CD Narón: Gabriel Balbás, David López
SD O Val: Bruno Gómez, Adrián Rodríguez
Galicia de Mugardos: Santiago Díaz, Xabier Sánchez
CCRD Perlío: Gael García, Unai Hernández
Eume Deportivo: Alain Paz
CD As Pontes: Alejandro Montero Peteira

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios