TERCEIRA DIVISIÓN. SD NEGREIRA 0 – CD AS PONTES 0

O As Pontes araña un punto en Negreira antes de recibir ó Barbadás.

578

O As Pontes empatou onte na súa visita a Negreira. Por desgracia só conta cunha vitoria, e suma de punto en punto, como a formiga, con sete empates. Se ben hai que destacar que mellorou moito a súa imaxe con respecto ó partido co Cerceda, diante doutro gran equipo como é o Negreira.

O conxunto de Marco Roca estivo moi ben plantado defensivamente, recuperando a xogadores importantes. Así, actuaron atrás Prieto, Callón, Edi e Buyo, con Borja López e Rubio por diante. E o fillo de Recemel dirixindo ao equipo dende atrás nunha labor imprescindible do capitán.

O Negreira este ano ten un gran equipo, o de Pose, ao marxe de goleadores coma Stefan ou Capelo, e de xente de talento como Mariño, Cea ou Sergito, ficharon neste verán ao experimentado central francés Stephane Pignol, ex de Compostela, Pontevedra, Las Palmas, Zaragoza, Almería, Numancia ou Murcia, entre outros. Xogador que onte non foi da partida.

O As Pontes puidose poner por diante quizais na ocasión máis clara do encontro, cando apenas comezado Rubén Pardo prantase só ante Mario pero o seu disparo e despexado (3´).

Pero o equipo local botouse arriba e tivo as súas aproximacións. Tras unha xogada a balón parado, Amoedo, en boca de gol, estivo a un palmo de empalar o balón (9´). Logo, noutra xogada de Capelo, non alcanza a rematar en boa posición Chiño, e o propio xogador coruñés, nun balón que queda morto no borde da área pégalle un zapatazo que marcha preto do escuadro (15´).

O conxunto vermello dominou e embotellou ó cadro pontés, pero os azuis, aínda que lles custaba pasar do medio campo, voltaron a ter unha boa oportunidade cando Ibu roubou un balón, pero liouse facendo un regate cando tiña a dous compañeiros sós (38´).

Antes do descanso, nun balón en profundidade chega antes Paco que Stefan (40´), e moito máis perigoso foi un balón que despexou Edi que rebotou no corpo de Chiño, quedando este só, pero volvendose a anticipar Paco in extremis nunha xogada na que chocaron ambos futbolistas (44´).

A pesar de que o segundo tempo comezou cun disparo forte de Mariño que atalla Paco (46´), logo, nunha boa xogada de Edi, Ibu consigue un córner que o propio Edi non pode aproveitar en posición inmellorable (50´). Despois, noutra xogada, é Buyo o que centra e Ramos cabecea cerca do poste (52´). Máis clara semellou unha de Álvaro, que regatea no lateral da área e o seu disparo ó segundo pau marcha por moi pouco (57´).

Tras unha falta no borde da área que tirou Buyo sen moito perigo (59´) chegou unha das grandes ocasións deste período cando tras un centro dende banda anticípase Capelo a Paco, cabecea, e coa porta baleira, o balón marcha fóra por moi pouco (62´). Logo e o zagueiro Rendo quen dispara ó lateral da rede (65´).

O encontro convertíase nun toma e daca no derradeiro tramo. Dominaba máis o Negreira, pero tiña mellores contras o As Pontes. Así, nunha prolongación de Edi para Álvaro, non aproveita o seu centro Ibu (73´), e noutra xogada similar, é Criado o que centra e Pardo quen non alcanza o balón (86´). Nunha falta que bota Edi, e se pasea pola área, tampouco consiguen rematar nin Ibu, nin Callón, en segunda instancia.

Os últimos minutos fixéronselle algo longos ó As Pontes, que aproveitou para facer os tres cambios, e ademáis retirouse tocado o hoxe lateral dereito Prieto que fixo unha boa labor. Estivo sensacional Edi, que foi un frontón despexando todos os balóns. Cun remate de Amoedo fóra rematou o encontro (96´).

A falta da metade dos partidos da xornada, o Negreira é sexto con 24 puntos, mentres o As Pontes segue penúltimo con dez. Esta semana terá un trascendental encontro no que recibirá o Barbadás, que está facendo unha boa campaña, preto dos postos de play off.

O As Pontes mantén a súa racha positiva nas súas visitas a Negreira. Nun total de nove enfrontamentos, gañou os catro primeiros, e nos cinco últimos arañou catro empates por unha soa derrota.

SD Negreira. Mario, Juan Diego (Iván 64´), Rendo, Amoedo, Angelo, Mariño, Chiño, Ángel, Stefan, Juan (Cea 55´), Capelo.

CD As Pontes. Paco, Prieto (Criado 79´), Buyo, Callón, Borja López, Edi, Pablo Ramos, Pablo Rubio, Ibu, Álvaro Rey (Jaime 84´), Rubén Pardo (Marcote 88´).

Campo e incidencias: Municipal Jesús García Calvo. Uns 250 espectadores, en tarde-noite chuviosa por momentos.

Árbitros: Daniel Pastoriza Iglesias. Auxiliado nas bandas por Domenech Escandell e Moreno Balea. Amarelas a Stefan, Ángelo e Rendo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios