SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS- BARBANZA RC (70-10)

Cuarto triunfo do equipo pontés que xa é segundo na clasificación e rematará a primeira volta visitando ó líder.

395

Cuarto triunfo do equipo pontés que xa é segundo na clasificación e rematará a primeira volta visitando ó líder.

O Fendetestas pontés de rugbi xogou este sábado o seu quinto partido da temporada, conseguindo a cuarta vitoria, e cinco puntos polo bonus.

Tamén, foi o seu triunfo máis amplio, pois ante o novo equipo do Barbanza lograron un tanteador de 70-10, cun total de doce ensaios, xa anotando o primeiro cando apenas se levaba xogado un minuto de partido.

Catro foron obra de Rober, dous de Alberto Da Silva e Andrés, e un de Anxo, Ramiro, Luis e Pastel. Nos lanzamentos a paus, o mítico Kiko anotou tres, por dous de Rober.

Cuarto partido gañado dos verdes, e tercera vitoria consecutiva. Ademais, venceran a Zalaeta (38-19), Universidade de Vigo B (26-17), e Santiago (3-23), perdendo só ante o CU Ourense B (35-19).

Noutros enconetros da xornada houbo un emocionante empate a 15 entre Santiago e Crat B, mentres que o Universidade de Vigo B gañou 43-34 ó Zalaeta de Arteixo.

O equipo coruñés do Crat B segue liderando a táboa con 21 puntos, por 19 dos verdes e 17 de Santiago. Logo estarían Universidade de Vigo B e o Zalaeta con 12, CU Ourense B con 10, e pecha o Barbanza sen estrear o seu casilleiro.

Precisamente gran parte das posibilidades do conxunto pontés de título neste torneo residen na visita ó Crat B na derradeira xornada da primeira volta a próxima fin de semana, quedando por diante toda a segunda.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios