CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 8 / DECEMBRO / 2016

Partido transcendental para o As Pontes este xoves ante o Barbadás que marcha sexto na clasificación

264

Partido transcendental para o As Pontes este xoves ante o Barbadás que marcha sexto na clasificación

O As Pontes, que a pasada xornada sacou un punto na súa visita a Negreira, recibe no Poboado este xoves a un Barbadás que está situado na sexta posición con 27 puntos e nas últimas xornadas acadou tres vitorias e dous empates.

Pola súa banda, o As Pontes segue afundido na penúltima praza con só 10 puntos, polo que se ve na necesidade de sacar os máximos puntos posibles nas tres xornadas que restan para o remate da primeira volta. De non seren así, será un serio candidato ó descenso á categoría rexional a estas alturas da competición.

Ademais hai que ter en conta que este martes 6 gañou (2-1) o Castro ó Deportivo B, próximo rival do As Pontes, empatou na casa o Dubra co Negreira (1-1) e gañou o Vilalonga no Barco (0-1).

Quinta visita do equipo ourensán ó campo do Poboado, onde anteriormente se deron dúas vitorias pontesas (3-1 nas tempadas 2012/13 de 2015/16), un triunfo dos ourensáns (0-2 na 2012/13) e empate a un gol na 2014/15.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (17ª xornada)
C.D. AS PONTES – U.D. BARBADÁS
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
XOVE 8 DE DECEMBRO DE 2016 (17:00 h)
ÁRBITRO: GUSTAVO VIDAL FONSECA (Santiago)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – SCD A CAPELA
Campo do Poboado (As Pontes)
Xoves 8 de Decembro de 2016 (11,30 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios