Liga Local de Futbol Sala As Pontes 2016/2017

O vindeiro domingo día 11 de Decembro disputarase unha nova xornada na Liga Local de Futbol Sala, a penúltima desta primeira volta.

144

O vindeiro domingo día 11 de Decembro disputarase unha nova xornada na Liga Local de Futbol Sala, a penúltima desta primeira volta. Unha xornada na que cabe destacar dous encontros, un sempre atractivo Pinturas Colormix contra o Estanco Maricarmen que abrirá a xornada e que en anteriores edicións da liga estaban loitando os dous polas posicións altas da clasificación pero esta tempada semella que teñen obxetivos distintos. Por outra banda o encontro que cerra a xornada no que se enfrentan A Cova dos Trasnos e o Bar Calvo. Terceiro e primeiro clasificado da liga respectivamente que de seguro ofrecerán un bo partido no que o Bar Calvo parte como favorito á victoria final. A continuación tódolos horarios e emparellamentos da xornada.

XORNADA Nº 8

16:00 h. PINTURAS COLORMIX – ESTANCO MARICARMEN
17:00 h. HUSSE-BARBARROJA – O ESTEO F.S. “B”
18:00 h. UNION FUTBOL SALA – RIBADEUME F.S.
19:00 h. N.G. UB2 FUTSAL – MATOJOMA-LAS TORRES
20:00 h. A COVA DOS TRASNOS – BAR CALVO

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios