Merca Nas Pontes, temos todos os teus agasallos

Cohempo, Asociación de Comerciantes, Hosteleiros e Empresarios Ponteses aúna ao sector comercial para ofrecer aos clientes a oportunidade de gañar 3 premios de 1.000€

272

Cohempo, Asociación de Comerciantes, Hosteleiros e Empresarios Ponteses aúna ao sector comercial para ofrecer aos clientes a oportunidade de gañar 3 premios de 1.000€

Desde o 10 de decembro está en marcha a campaña de Nadal Merca nas Pontes, unha iniciativa promovida por Cohempo, Asociación de Comerciantes, Hosteleiros e Empresarios Ponteses en colaboración co Concello de As Pontes, á que cada ano acóllense numerosos establecementos de todo tipo da localidade, socios e non socios da entidade.

A iniciativa pretende premiar a fidelidade e confianza depositada polo cliente no comercio local.

Por iso, aproveitando estas datas, unha vez máis se leva a cabo unha acción conxunta que representa a variedade de produtos e oferta comercial que o cliente poderá atopar nas Pontes, desde encargar os doces típicos ata comprar esa peza, complemento ou agasallo para estas festas. A cambio desas compras recibirá cupons que deberá de selar en 4 establecementos que participan na campaña, para participar no sorteo de 3 premios de 1000€.

Para facilitar as compras o comercio pontés abrirá os sábados e domingos, incluído o 5 de xaneiro véspera de Reis que coincidirá co último día para conseguir selar os cupóns e ser o afortunado ou afortunada dalgún dos premios.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios