Liga Local de Futbol Sala As Pontes 2016/2017

Na tarde de onte Domingo disputouse unha nova xornada na Liga Local de Futbol Sala, a penúltima desta primeira volta.

180

Na tarde de onte Domingo disputouse unha nova xornada na Liga Local de Futbol Sala, a penúltima desta primeira volta. Unha xornada que nos deparou un cambio no mais alto da táboa clasificatoria xa que no encontro que inagura a xornada, un dos clásicos das últimas tempadas na Liga Local, o Estanco Maricarmen gañabe por 5 goles a 3 a Pinturas Colormix, un encontro que o Estanco Maricarmen tivo controlado en todo en momento. Pola contra no derradeiro partido da xornada saltaba a sorpresa ao perder a súa condición de invicto o Bar Calvo ante A Cova dos Trasnos, partido no que os dous últimos fichaxes de A Cova dos Trasnos foron clave para que o Bar Calvo perdese o liderato da Liga e se situe no segundo posto empatado a puntos có seu rival nesta xornada. Este feito fai que o Estanco Maricarmen se coloque como líder provisional do campeonato. Do resto de partidos da xornada cabe destacar a victoria do Husse-Barbarroja por 3 goles a 0 sobre O Esteo F.S. equipo que non acaba de despegar pese a contar con xogadores que adestran e chegan a xogar algúns minutos co equipo senior de O Esteo que milita na 2ª División B do Futbol Sala nacional. Tamen salientar que na victoria de Unión Futbol Sala sobre o Ribadeume F.S. por 6 goles a 3, Diego Polo marcou 5 dos 6 goles do seu equipo o que o converten no máximo goleador da competición con 15 dianas.

LIGA LOCAL DE F.S. AS PONTES TEMPORADA 2016/2017

 

JORNADA Nº 8

3 PINTURAS COLORMIX ESTANCO MARICARMEN 5
3 HUSSE-BARBARROJA O ESTEO F.S. “B” 0
6 UNION FUTBOL SALA RIBADEUME F.S. 3
4 N.G. UB2 FUTSAL MATOJOMA-LAS TORRES 9
5 A COVA DOS TRASNOS BAR CALVO 2

CLASIFICACIÓN

POSTO EQUIPOS PX PG PE PP GF GC PUNTOS
ESTANCO MARICARMEN 8 6 2 0 33 25 20
BAR CALVO 8 6 1 1 46 16 19
A COVA DOS TRASNOS 8 6 1 1 31 14 19
UNION FUTBOL SALA 8 4 2 2 30 20 14
MATOJOMA-LAS TORRES 8 4 0 4 33 26 12
O ESTEO F.S. “B” 8 3 1 4 14 23 10
 
HUSSE-BARBARROJA 8 2 2 4 22 25 8
RIBADEUME F.S. 8 2 1 5 27 35 7
PINTURAS COLORMIX 8 1 2 5 21 27 5
10º N.G. UB2 FUTSAL 8 0 0 8 11 53 0

GOLEADORES  

DIEGO POLO (UNION FUTBOL SALA) 15
AIRON (BAR CALVO) 14
SANTI (BAR CALVO) 12
DIEGO PELLON (ESTANCO MARICARMEN) 11
TOMAS (A COVA DOS TRASNOS) 11

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios