Estrea ‘O Medo Meu’ de O Catre Teatro

Domingo 18 de Decembro ás 18:00h no Auditorio Municipal Cine Alovi

O Catre Teatro presenta “O Medo Meu” unha serie de números que xira ao redor das persoas e dos seus medos.

192

Domingo 18 de Decembro ás 18:00h no Auditorio Municipal Cine Alovi

“Un suxeito experimenta medo cando a presenza dun perigo lle provoca un sentimento desagradable, aversivo, inquedo, con activación do sistema nervioso autónomo, sensibilidade molesta no sistema dixestivo, respiratorio ou cardiovascular, sentimento de falta de control e posta en práctica dalgún dos programas de afrontamento: fuxida, loita, inmobilidade, submisión.

A gacela escapa, o touro ataca, o escaravello faise o morto e os lobos son submisos ante o macho alfa. Os seres humanos mesturamos hábilmente todas elas”
(Jose Antonio Marina_Anatomía do medo)

O Catre Teatro presenta “O Medo Meu” unha serie de números que xira ao redor das persoas e dos seus medos. Neste espectáculo, O Catre Teatro amosa como vivimos co medo, esa parte de nós que máis ocultamos. Unha traxicomedia visual e xestual que, sen desbotar o texto, se ofrece de espello cara ó público, mostrándolle que o medo está por aí porque forma parte de nós.

“O día que nacín, miña nai pariu dous xemelgos, eu e o meu medo”
(Thomas Hobbes_Inglaterra S.XVII)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios