CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 16-17 / DECEMBRO /2016

No derradeiro partido do ano e da primeira volta, o CD As Pontes enfróntase este sábado ó CD Ribadumia

310

No derradeiro partido do ano e da primeira volta, o CD As Pontes enfróntase este sábado ó CD Ribadumia

A estas alturas da competición, derradeira xornada da primeira volta e derradeira do ano, nin que dicir ten que o As Pontes precisa con urxencia da vitoria, pois a súa crítica situación, penúltimo con 10 puntos e só 13 goles marcados por 30 en contra (11 nas últimas tres xornadas) non lle dan outra opción posible se non quere afundirse máis no pozo da clasificación.

Enfronte vai a ter a un Ribadumia, que é undécimo con 24 puntos logo do seu empate na casa ante o Castro.

No campo do Poboado, os dous equipos enfrontáronse en dúas oportunidades, cunha vitoria por goleada (1-4, catro goles de Changui) do Ribadumia na tempada 2014/15 e triunfo pola mínima por 1-0 do As Pontes na anterior campaña.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (19ª xornada)
C.D. AS PONTES – C.D. RIBADUMIA
CAMPO DO POBOADO (As Pontes
SÁBADO 17 DE DECEMBRO DE 2016 (17,30 h)
ÁRBITRO: JOSÉ MANUEL CIVES ENJO (A Coruña)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
GALICIA DE CARANZA – CD AS PONTES
Campo de Caranza (Ferrol)
Sábado 17 de Decembro de 2016 (18,00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD CARIÑO – CD AS PONTES
Campo Municpal (Cariño)
Sábado 17 de Decembro de 2016 (12,00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – CULTURAL MANIÑOS SD
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 17 de Decembro de 2016 (16,00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – SD O VAL B
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 17 de Decembro de 2016 (11,00 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – RACING DE FERROL C
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 17 de Decembro de 2016 (11,40 h)
GALICIA DE MUGARDOS – CD AS PONTES B
Campo da Pedreira (Mugardos)
Sábado 17 de Decembro de 2016 (11,00 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
GALICIA DE CARANZA – CD AS PONTES
Campo de Caranza (Ferrol)
Venres 16 de Decembro de 2016 (19,20 h)
CD AS PONTES B – SD RÁPIDO DE NEDA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 17 de Decembro de 2016 (10,30 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – SDR ÁNIMAS
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 17 de Decembro de 2016 (12,40 h)
MEIRÁS CF – CD AS PONTES B
Campo Misael Prieto (Meirás)
Venres 16 de Decembro de 2016 (19,30 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios