Liga Local de Futbol Sala As Pontes 2016/2017

O vindeiro domingo día 18 de Decembro disputarase a novena e derradeira xornada da primeira volta da Liga Local de Futbol Sala.

170

O vindeiro domingo día 18 de Decembro disputarase a novena e derradeira xornada da primeira volta da Liga Local de Futbol Sala. Unha xornada que se abrirá co encontro a priori mais igualado da tarde e que enfrontará a Ribadeume F.S. e Husse-Barbarroja. Pola contra os dous primeiros clasificaficados non deberían ter demasiados atrancos para superar aos seus adversarios xa que o líder, O Estanco Maricarmen, enfrontase ao colista no último partido da xornada. Pola súa banda o Bar Calvo, inmerso na loita pola segunda praza con A Cova dos Trasnos, non debería ter problemas para superar a un sempre combativo Union Futbol Sala. No resto de partidos da xornada o Matojoma-Las Torres enfrontase a un Pinturas Colormix en horas baixas e O Esteo F.S. “B” enfrontase A Cova dos Trasnos sorprendente segundo clasificado da liga empatado a puntos con Bar Calvo.

A continuación os horarios e emparellamentos da xornada:

16:00 h. RIBADEUME F.S. – HUSSE-BARBARROJA
17:00 h. BAR CALVO – UNION FUTBOL SALA
18:00 h. MATOJOMA-LAS TORRES – PINTURAS COLORMIX
19:00 h. O ESTEO F.S. “B” – A COVA DOS TRASNOS
20:00 h. ESTANCO MARICARMEN – N.G. UB2 FUTSAL

nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios