CÚMPRENSE 30 ANOS DA PRIMEIRA ELIMINATORIA DO ENDESA DE AS PONTES CONTRA O RC CELTA DE VIGO.

Ambos conxuntos enfrontáronse por primeira vez en 1986, e volveron a coincidir nunha eliminatoria en 1995.

519

Ambos conxuntos enfrontáronse por primeira vez en 1986, e volveron a coincidir nunha eliminatoria en 1995.

Antes de que rematara o ano, queríamos lembrar que neste 2016 cumpríronse 30 anos da histórica eliminatoria do por aquel entón Endesa de As Pontes contra o Real Club Celta de Vigo na Copa do Rei. Tras superar os ponteses ao Deportivo B 0-3 na primeira rolda, o conxunto celeste, que eliminara ao Viveiro en Cantarrana, 0-4, visitou un abarrotado O Poboado o 1 de Outubro de 1986.
Na primeira metade os celestes aproveitaron as súas escasas oportunidades e marcharon ao vestiario cun 0-2, ambos tantos de Pichi Lucas. No segundo tempo os locais puxeron en apretos ós vigueses, que xogaban cun menos por expulsión de Lema, e o talentoso medio ferrolán Nando anotou o 1-2 recurtando distancias. Preto do final o Celta impuxo a lóxica e Baltazar anotou o terceiro e definitivo de penalti.

O xenial dianteiro brasileño fora esa campaña máximo goleador en Segunda, e dous anos máis tarde seríao co Atlético de Madrid na Primeira División. Xogaron polo As Pontes Yosu, Pereira, Andrés, Picos, Juanma, Fernández, Aneiros, Falo, Mundo (tío de Edi), Nando e Alfonso, entrando na segunda metade Quique (pai de Adrián López) e Rojo.

Polo conxunto vigués xogaron Maté, Atilano, Lema, Gelo, Maraver, Cándido, Baltazar, Albelo, Lucas, Arteaga e Camilo, saíndo no segundo tempo Vicente e Tono. Na terceira rolda o conxunto vigués perdeu a penaltis na súa visita ó Atlético Marbella, nun torneo finalmente gañado pola Real Sociedade, tamén por penaltis, ante o Atlético de Madrid.

O equipo vigués ascendeu ó final desa temporada 1986-87 a Primeira División xunto a Valencia (57) e Logroñés (54), por 54 tamén dos olívicos, quedando fora Sestao (52), Deportivo (51) e Huelva (50).

Tamén lle foi ben ao conxunto pontés esa campaña, que logrou o seu primeiro ascenso a Segunda B, o seguinte foi en 1995, división na que chegou a xogar nove temporadas. Algúns resultados daquela temporada hoxe resultarían moi curiosos, como un 3-0, e sobre todo 1-7 a domicilio, ao Coruxo, un 4-0 ó Boiro ou un 3-0 ao Deportivo B. Ascenso que se tratará en 2017, cando se cumplan 30 anos.

Como xa se recordou en 2015, que se cumpriran 20 anos, na campaña 1995-96 volveron a coincidir noutra eliminatoria de Copa os dos conxuntos, e nesta ocasión, a dobre volta, a eliminatoria foi moito máis igualada, cun 0-0 en campo pontés e un axustado 2-1 en Balaídos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios