LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

Fisioterapia DCF encabeza a clasificación en solitario logo do seu triunfo sobre Mesón A Cepa

412

Clara e contundente vitoria do Fisioterapia DCF sobre Mesón A Cepa por 7-4, no partido disputado a pasada fin de semana e que fora aprazado na primeira xornada de liga. Marcaron os goles de Fisioterapia DCF, Iván, Juanjo e Andrés, con dous cada un, e David. Por parte de Mesón A Cepa anotaron Fernández (2), Alberto e un en propia porta.

Disputada a primeira xornada da segunda volta, é líder en solitario con 24 puntos, Fisioterapia DCF. En segunda posición está La Galaxia con 21, seguido de As Pontes 74 con 18, Mobles Eume e MMYPEM suman 16 puntos, 14 ten Bar Xardín, 13 Farmavida, 11 Galiorient, 7 Electricidad J&O e pecha a clasificación Mesón A Cepa con 6 puntos.

Iván, de Fisioterapia DCF, encabeza a clasificación de goleadores con 17 goles, seguido de Fernández (A Cepa), con 15; Martín (Mobles Eume) e Fontao (La Galaxia) con 9. Tomás, de Galiorient, suma 8 goles e Miguel (Mobles Eume) e Julio (As Pontes 74) levan acadados 7 goles.

11ª XORNADA 21-22 / Xaneiro / 2017

MMYPEM – Electricidad J&O (Sáb. 21, 19:00 h)
La Galaxia – Mobles Eume (Sáb. 21, 20:00 h)
A Cepa – Bar Xardín (dom. 22, 10:00 h)
Galiorient – As Pontes 74 (Dom. 22, 11:00h)
Farmavida – Fisioterapia DCF (Dom. 22, 12:00 h)

Dende esta páxina, a todos desexamos unhas boas festas de Nadal e todo o mellor no vindeiro 2017

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios