SETE XOGADORES DO ESTEO FS NAS SELECCIÓNS DA TERRA CHÁ

Xogarán este próximo xoves contra Santiago e Ourense

223

Xogarán este próximo xoves contra Santiago e Ourense

Sete xogadores das categorías inferiores do equipo pontés de Fútbol Sala do Esteo foron convocados para xogar coa Selección da Terra Chá na fase previa do Campionato Galego.

Trátase de Destaw Pellón e Antonio Graña, do conxunto Benxamín, Alex Montero, Eloy Pita, Sergio Cabarcos e Joan Manuel Guerreiro, no combinado Alevín, e no Cadete, Xalo García.
Nestas tres categorías, ademáis de na de infantil, a selección enfrontaráse contra os combinados de Ourense e o locatario de Santiago de Compostela, este xoves 29, nos pavillóns de Santa Isabel e Fontiñas.

Clasificarán á fase final o campión de cada grupo e o mellor segundo de tódolos grupos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios