Nota de Xunt@s por As Pontes sobre os novos colectores de lixo

A Plataforma cree que dada a grande dimensión dos novos colectores e a súa nefasta ubicación, atentan contra a seguridade vial e veciñal.

539

A Plataforma cree que dada a grande dimensión dos novos colectores e a súa nefasta ubicación, atentan contra a seguridade vial e veciñal.

Estes días estanse poñendo no Concello novos colectores para recoller restos orgánicos, plásticos e papel. Novos colectores que están creando descontento xeralizado entre toda a veciñanza.

A primeira impresión é que nos parecen bastante voluminosos, o que fai que ao ocupar moito máis espazo, se eliminen prazas de aparcamento e incluso dificulten nalgún lugar o tráfico.

A gravidade da situación en relación ao tráfico é extrema, pois perxudica a seguridade dos viandantes e tamén dos condutores. En moitos lugares, a falta de visibilidade é case nula debido á mala colocación dos colectores, especialmente en moitos cruces e pasos de peóns.

Despois de ler no día de onte as aclaracións emitidas polo equipo de goberno local, non podemos máis que reafirmar o que vimos denunciando. A seguridade dos viandantes e condutores debe ser prioritaria. Non se pode deixar marxe de tempo a isto, pois en calquera momento pode ocorrer un accidente e entón, de quén será a responsabilidade?

Dende o momento en que se soubo por parte deste goberno que se ían instalar novos contenedores con estas dimensións, debeuse de elaborar un plan para a súa instalación tendo como prioridade a seguridade dos veciños e veciñas da vila.

Posto que este plan non existe, a plataforma cidadá Xunt@s por As Pontes cremos que o primeiro que se debería facer é habilitar o lugar onde se queren acomodar os colectores – pois ao ser máis grandes non caben exactamente no mesmo lugar-, antes de colocar os novos. Unha vez feito isto é cando se instalarían, non ao revés, como esta facendo (ou permitindo que se faga) o Goberno local.

A falta de previsión, que como dicimos se leva a unha situación extrema en relación coa seguridade vial e da veciñanza, tamén se reflexa na colocación dos mesmos colectores. O seu posicionamento en lugar diferente do que se atopaban anteriormente dificulta o proceso de reciclaxe por parte da veciñanza, quen ao non atopar o contenendor no lugar habitual, bota todo o lixo no recipiente que atopa máis preto da súa casa.

Por isto, reclamamos que se adopten medidas urxentes por parte do goberno local para evitar danos máis graves.

Máis información en http://www.xuntosporaspontes.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios