O CD AS PONTES INICIA O 2017 CON DÚAS NOVAS FICHAXES

Trátase de Caique Gouveia e Diego Núñez

356

O conxunto pontés de fútbol leva varios días adestrando con dúas novas incorporacións.

Trátase do media punta brasileño de 20 anos Caique Gouveia, procedente da canteira do Goiás, da Segunda Brasileña. No clube pontés amosan cautela co mencionado xogador, debido á mala experiencia que tiveron co costamarfileño Dravo, do que finalmente non obtiveron o transfer, aínda que neste caso esperan ter o visto bo da Federación Galega de Fútbol.

Tamén está ás ordes de Marco Roca o medio centro lucense Diego Nuñez, de 25 anos, procedente do Lemos, xogador con gol pois na primeira volta co conxunto de Monforte marcou ante Arteixo, Escairón, Laracha, Polvorín e Soneira.

O equipo, aparte das fechas de Nadal, está estas semanas inmerso en preparar uns 30 días moi importantes ante varios rivais directos no comezo desta segunda volta.

O máis próximo é este domingo 8 co Céltiga, co que perdeu 2-0 na ida, e dúas semanas despois recibirá o Castro, o día 22, co que tamén caeu 2-1 na ida debido a dous penaltis. Nin que dicir ten que o equipo precisa do apoio do público.

Fóra terá tres choques, ante o gran Alondras o día 15, que non está a facer unha boa campaña pero ten un equipazo. Logo chegarán dúas visitas consecutivas, ante o veciño Vilalbés o día 29, segundo clasificado facendo unha campaña espectacular cos ex Arias, Souto e Cabarcos.

Máis importante será a seguinte visita, ante o Dubra o día 5 de Febreiro, rival directo que vai un punto por riba, e que empatou 1-1 na ida.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios